InicioEconomíaTraballadores afectados polo ERE de Nueva Pescanova concentraranse en Conxemar para "dar...

Traballadores afectados polo ERE de Nueva Pescanova concentraranse en Conxemar para “dar visibilidade” á situación

Todo iso despois de que o comité se reunise cos afectados este xoves para explicar o proceso, que pretende o despedimento de 82 persoas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Traballadores afectados polo expediente de regulación de emprego (ERE) de Nueva Pescanova anunciaron que se concentrarán o próximo 3 de outubro na feira Conxemar para “dar visibilidade” á situación que viven. Nun comunicado, o comité de empresa informou das accións que levarán a cabo nas próximas semanas, en protesta polo “inxusto” ERE, comezando por asistir a Conxemar.

Todo iso despois de que o comité se reunise cos afectados este xoves para explicar o proceso, que pretende o despedimento de 82 persoas. Tras unha primeira reunión de negociación, levada a cabo este pasado mércores, os representantes dos traballadores e a compañía volverán reunirse os días 5, 9, 10, 17, 18, 25 e 26 de outubro. Entre outras cousas, o comité cargou contra Abanca, accionista maioritario de Nueva Pescanova, lamentando o “descoñecemento” que ten do grupo ao acometer unha decisión así.

Foi o pasado 6 de setembro cando Nueva Pescanova informou os comités de empresa e delegados sindicais da súa intención de iniciar este ERE, que xustifica “por causas económicas e organizativas” e que se cinguirá ás áreas de soporte de Chapela e Madrid. A pesar de que nun primeiro momento anunciou que afectaría a unhas cen persoas, finalmente serán uns 82 os despedimentos.

ÚLTIMAS

Centos de persoas saen á rúa en Vigo contra a crise da vivenda: “Nin unha Maricarmen máis”

Centos de persoas concentráronse este luns na Porta do Sol de Vigo, convocadas pola...

Vigo suspende por sorpresa a licitación do bus urbano, o maior contrato da súa historia

O Concello de Vigo publicou este luns na Plataforma de Contratación do Estado o...

A Xunta acorda a expropiación de case 15 hectáreas de monte comunal en Mos para a cidade deportiva do Celta

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a resolución da Consellería de...

A UVigo supera o 100 % de ocupación nos graos e suma 3.883 novas matrículas

A Universidade de Vigo (UVigo) alcanzou unha taxa de ocupación do 103 % na...