InicioPolíticaO Concello do Porriño, condenado a devolver á Comunidade de Montes de...

O Concello do Porriño, condenado a devolver á Comunidade de Montes de Atios ingresos da renda das canteiras

O Concello saíu ao paso lembrando que a sentenza do TSXG unicamente recoñece a titularidade con respecto ás parcelas reclamadas, pero "en ningún momento establece unha data concreta desde a cal a Comunidade teña dereito a percibir os canons por esas explotacións".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Xulgado de Instrución número 3 do Porriño condenou ao Concello a abonar á Comunidade de Montes de Atios todas as cantidades percibidas polos contratos de arrendamento das parcelas das canteiras situadas en monte comunal desde febreiro de 2018 ata novembro de 2022.

Así se desprende da resolución asinada o pasado 4 de setembro pola maxistrada do devandito xulgado, Raquel Casas, que resolve a demanda de execución presentada pola Comunidade de Montes, tras a sentenza firme de Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) do 14 de novembro de 2022.

Tal como informou a Comunidade de Montes, na actualidade descoñécense as cantidades debidas, debido a que terá que ser o Concello, nun prazo de 10 días, o que informe do canon cobrado polas canteiras durante eses anos.

“O alcalde, en primeiro lugar, e os funcionarios municipais, polo seu mandato, teñen a obrigación de presentar todas esas contas no xulgado. Será aí cando teñamos unha idea do diñeiro que o Concello cobrou ilegalmente desde que había xa unha sentenza que declaraba as canteiras como monte comunal”, engadiron os comuneiros.

Así mesmo, o auto, ao que tivo acceso Europa Press, insta o goberno local a deixar libre de forma “inmediata” a parcela da antiga astilladora, que aínda segue ocupada polos servizos municipais, “incumprindo durante case un ano o mandato xudicial”.

É lamentable que unha vez máis a Comunidade tivese que percorrer á vía xudicial para esixir o cumprimento dunha sentenza dos tribunais, pero non nos quedou outra opción ante a actitude arrogante e neglixente do actual goberno local”, criticou a Comunidade de Montes de Atios. Desta maneira solicita ao alcalde, Alejandro Lorenzo, que “non cometa o mesmo erro de desprezar aos comuneiros de Atios” e que cumpra co mandato xudicial, contra o cal cabe recurso de revisión.

RESPOSTA DO CONCELLO

Ante esta situación, o Concello saíu ao paso lembrando que a sentenza do TSXG unicamente recoñece a titularidade con respecto ás parcelas reclamadas, pero “en ningún momento establece unha data concreta desde a cal a Comunidade teña dereito a percibir os canons por esas explotacións”.

Desta maneira, fontes do goberno local explicaron que é agora o momento de discutir desde cando se van a pagar eses canons. “Non existe ningunha nova sentenza ou condena”, subliñaron.

ÚLTIMAS

Papá Noel toma un ano máis as rúas de Vigo en moto

Miles de papanoeles en moto déronse cita, un ano máis, este sábado para percorrer...

OPINIÓN.- “A hemeroteca do Faro de Vigo: un patrimonio que debe ser accesible a todos”

A hemeroteca do Faro de Vigo é un tesouro cultural e histórico que contén...

Un vigués entre os 11 detidos por facer grafitis en trens de Cataluña

Unha operación conxunta entre Policía Nacional, Mossos d'Esquadra e Garda Urbana de Barcelona (GUB)...

Tres excarcerados tras o choque de dous vehículos na A-55 en Mos

Tres persoas tiveron que ser excarceradas nun aparatoso accidente entre dous coches ocorrido na...