InicioPolíticaO BNG denuncia que o goberno de Abel Caballero lle oculta un...

O BNG denuncia que o goberno de Abel Caballero lle oculta un cento de expedientes de licenzas urbanísticas

O portavoz do BNG, Xabier Pérez Igrexas, reiterou na reunión do Consello da Xerencia de Urbanismo deste martes a súa solicitude de acceso a eses expedientes que, ata agora estaban paralizados por estar suspendida a concesión de licenzas, pero que poderán tramitarse a partir do 16 de outubro, cando decaia esa suspensión, "aínda que sexan incompatibles" co novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (que está pendente de aprobación provisional).

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo denunciou a “ocultación” por parte do goberno local dun centenar de expedientes de licenzas urbanísticas, que o grupo municipal nacionalista solicitou e que non lle foron facilitadas.

O portavoz do BNG, Xabier Pérez Igrexas, reiterou na reunión do Consello da Xerencia de Urbanismo deste martes a súa solicitude de acceso a eses expedientes que, ata agora estaban paralizados por estar suspendida a concesión de licenzas, pero que poderán tramitarse a partir do 16 de outubro, cando decaia esa suspensión, “aínda que sexan incompatibles” co novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (que está pendente de aprobación provisional).

Pérez Igrexas denunciou que o goberno local vulnerou os seus dereitos fundamentais como concelleiro, ao non atender a solicitude que realizou o pasado 13 de setembro para poder acceder a eses expedientes. Segundo sinalou, algunhas das licenzas pendentes de tramitar “afectan a ámbitos de especial protección ou de primeira liña de litoral” e “non poderían outorgarse baixo ningún concepto co novo PXOM”.

Para o BNG, a “opacidade” do goberno a este respecto demostra que “hai moito que esconder”. “O goberno de Abel Caballero non quere que a cidade saiba quen se vai a beneficiar desta nova ‘porta de atrás’ para uns poucos, dentro do ‘urbanismo á carta’ no que insiste unha e outra vez a concelleira María José Caride”, subliñou o portavoz do grupo nacionalista.

ÚLTIMAS

Vigo, epicentro dunha folga xeral con numerosas mobilizacións en toda Galicia

Os traballadores galegos están convocados este mércores 11 de novembro a secundar unha folga...

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cunha experiencia inmersiva gratuíta e “única”: así será a nova atracción do centro da cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que Disney+ instalará na rúa Policarpo Sanz...

O PP de Vigo acusa a Caballero de “vetar” un aumento da partida de vivenda

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, acusou o alcalde, Abel Caballero, de...

Acepta 10 meses de prisión por insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo por dicir que “ía nunha patera”

Un home acusado dun delito contra os dereitos fundamentais e contra a integridade moral...