InicioEconomíaA Xunta e o Concello de Baiona abordarán unha planificación integral de posibles actuacións para executar...

A Xunta e o Concello de Baiona abordarán unha planificación integral de posibles actuacións para executar no estuario da Foz

Tamén se comprometeron a retomar o proxecto de humanización da Avenida de Sabarís, unha actuación de acondicionamento iniciada hai anos e na execución xa colaboraron ambas as administracións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta e o Concello de Baiona abordarán unha planificación integral de posibles actuacións para executar no estuario da Foz para pór en valor esta zona, localizada no río Miñor e que forma parte da Zona de especial conservación (ZEC) da Ramallosa. Así o acordaron este mércores a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde, Jesús Vázquez Almuíña.

En materia urbanística Vázquez comprometeuse a retomar o proxecto de humanización da Avenida de Sabarís, unha actuación de acondicionamento iniciada hai anos e na execución xa colaboraron ambas as administracións. Neste sentido e tras lembrar que das tres fases nas que se dividiu a intervención, dúas xa foron executadas, Vázquez e o alcalde analizaron os traballos pendentes e que se corresponden coa fase intermedia.

ÚLTIMAS

Xunta acusa o Goberno de bloquear a biblioteca estatal de Vigo e ve “difícil” que licite o proxecto en 2026

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acusou o Goberno central...

Feijóo desembarca o sábado en Vigo para arroupar os candidatos do PPdeG ao Congreso: “É unha declaración de intencións”

O proceso que desembocará na cita coas urnas do próximo 29 de novembro avanza...

Investigan un roubo na vivenda do futbolista Ilaix Moriba en Nigrán

A Garda Civil investiga varios roubos cometidos na zona de Nigrán, entre eles un...

Vigo paraliza o concurso da escultura de Iago Aspas tras o recurso dun participante excluído

O Concello de Vigo suspendeu o procedemento do concurso de proxectos para o deseño...