InicioSucesosDetida unha muller en Nigrán como presunta autora de furtos de diñeiro...

Detida unha muller en Nigrán como presunta autora de furtos de diñeiro e xoias en varias vivendas

A esta muller atribúeselle outro delito de furto de xoias nunha residencia de maiores de Mos, na que traballaba actualmente, ocorrido en agosto deste ano.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo a unha muller de 44 anos, de nacionalidade peruana, como presunta autora de 21 delitos de furto de diñeiro e xoias noutras tantas vivendas de Nigrán, ás que acudía desde 2020 para coidar anciáns ou persoas con discapacidade como empregada dunha empresa contratada polo Concello.

Ademais, a esta muller atribúeselle outro delito de furto de xoias nunha residencia de maiores de Mos, na que traballaba actualmente, ocorrido en agosto deste ano.

A investigación iniciouse, tal e como relata a Garda Civil, por mor de distintas denuncias presentadas que “xeraron alarma social” entre persoas e familias usuarias do servizo de coidados. Así mesmo, provocou un “gran descrédito” á empresa concesionaria.

Tras a práctica de diversas xestións, finalmente detívose a esta coidadora, unha muller de orixe peruana, con domicilio en Nigrán, de 44 anos. Logrouse determinar tamén que a muller, xunto coa súa filla, de 21 anos, vendía as xoias en establecementos de empeño de Vigo.

A Garda Civil logrou recuperar algunhas delas, así como outras que portan e locen tanto a nai como a filla, todas elas recoñecidas polos prexudicados e denunciantes. A detida quedou en liberdade en sede policial a expensas de ser citada polo Xulgado de Garda de Vigo, onde foron entregadas as dilixencias.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...