InicioMedio Ambiente e PatrimonioEliminados dous puntos de vertedura de augas residuais dunha instalación industrial en...

Eliminados dous puntos de vertedura de augas residuais dunha instalación industrial en Vilaboa

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, identificou a orixe destes puntos nunha liña de xestión das augas industriais xeradas na actividade, susceptibles de producir verteduras en condicións inadecuadas ao dominio público.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, eliminou dous puntos de verteduras de augas residuais procedentes dunha instalación industrial asentada no concello pontevedrés de Vilaboa. Segundo informou a Xunta, estes focos foron localizados nas inspeccións rutineiras realizadas polos técnicos do Plan de Control de Verteduras, xunto coa Gardería Fluvial de Augas de Galicia.

Así, identificaron a orixe destes puntos nunha liña de xestión das augas industriais xeradas na actividade, susceptibles de producir verteduras en condicións inadecuadas ao dominio público. Ante a deficiencia observada, os técnicos requiríronlle aos responsables das instalacións a adopción das medidas correctoras oportunas. Os responsables da empresa procederon ao selado de dous puntos da liña susceptibles de ocasionar verteduras, solucionando así as verteduras irregulares ao dominio público hidráulico, como verificaron os técnicos da Xunta nunha nova inspección.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...