InicioCulturaPaul Weller, cabeza de cartel do Underfest, que contará con 14 concertos...

Paul Weller, cabeza de cartel do Underfest, que contará con 14 concertos en sete recintos de Vigo

Será o cantante Sam Amidon o encargado de iniciar o festival, que se estenderá ata o sábado 16. Entre outros artistas, no cartel aparecen nomes como Blood Red Shoes, PVA, La Élite, Queidem ou Latorre, entre moitos outros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O británico Paul Weller encabeza o cartel deste ano do Underfest SON Estrela Galicia, un evento musical que contará nesta edición con 14 concertos en ata sete recintos diferentes da cidade de Vigo. En concreto, o Museo Marco, o auditorio Mar de Vigo ou as salas Masterclub e La Iguana son algúns dos escenarios que acollerán os espectáculos, que contan co apoio da Xunta de Galicia.

Precisamente o Goberno galego, nun comunicado, puxo en valor o festival, que levou a cabo este martes a súa presentación oficial, á que acudiu o director da Axencia Galega de Industrias Culturais, Jacobo Sutil. El destacou o “atractivo e o perfil internacional” deste encontro, que lle dá ao público vigués a oportunidade de vivir unha cita musical “de primeiro nivel”.

O Underfest abrirá a súa programación o vindeiro venres, día 15 de setembro, a partir das 18.30 horas no Museo Marco. Será o cantante Sam Amidon o encargado de iniciar o festival, que se estenderá ata o sábado 16. Entre outros artistas, no cartel aparecen nomes como Blood Red Shoes, PVA, La Élite, Queidem ou Latorre, entre moitos outros.

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...