InicioVigo e contornaVigoO persoal de Vitrasa anuncia paros parciais indefinidos e xornadas completas de...

O persoal de Vitrasa anuncia paros parciais indefinidos e xornadas completas de folga

O concelleiro Javier Pardo, defendeu a posición do goberno municipal, fronte a uns traballadores aos que acusou de "boicotear" o servizo, de ter "como reféns aos cidadáns" e de actuar segundo "intereses políticos".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O comité de empresa de Vitrasa, concesionaria do bus urbano de Vigo, confirmou que, a partir do 18 de setembro, recrudecerán as protestas que manteñen desde hai meses e haberá paros parciais indefinidos e xornadas enteiras de folga.

Ademais deses paros, o persoal será convocado a concentracións e outras mobilizacións, como a manifestación que terá lugar o 22 de setembro, con saída ás 19,00 horas desde o cruzamento de Urzáiz e Travesía (‘Choróns’) e chegada a Praza de Compostela.

Na xornada deste martes, unha representación do comité asistiu ao pleno ordinario, no que o BNG presentou unha moción para instar o goberno municipal a abrir un expediente á concesionaria Vitrasa, incrementar as medidas de control e fiscalización ante os “incumprimentos” en materia de condicións laborais, a “implicarse” para pór solución ao conflito, a convocar o consello sectorial municipal de transportes e a iniciar os estudos para remunicipalizar o servizo.

O portavoz nacionalista, Xabier Pérez Igrexas advertiu de que os “flagrantes incumprimentos” da empresa levaron a que o bus urbano teña un funcionamento deficiente, con redución de frecuencias e liñas, e cun conflito laboral que se estende desde agosto de 2021. Fronte a esta situación, indicou, o goberno limitouse a “saír en fotos con buses novos” e a aprobar unha prórroga da concesión en plena pandemia.

Pérez Igrexas recriminoulle a Abel Caballero e aos seus concelleiros de aliarse “coa empresa”, chegando a acusar aos traballadores de manter unha “folga política” e “tomando como reféns” aos viaxeiros.

Na mesma liña, o PP (que apoiou a moción nacionalista), lamentou que o alcalde non aceptase nunca reunirse co comité de empresa de Vitrasa, a pesar de que si o fixo con outros comités de empresa que nada teñen que ver coa acción municipal, como o do hospital Povisa.

O edil ‘popular’ Miguel Martín criticou que o goberno vigués “ponse da parte” de Vitrasa neste conflito e responsabilizouno de levar “a situación ata aquí” pola prórroga da concesión.

“BOICOT” DOS TRABALLADORES E “INTERESES POLÍTICOS”

Pola súa banda, o concelleiro Javier Pardo, defendeu a posición do goberno municipal, fronte a uns traballadores aos que acusou de “boicotear” o servizo, de ter “como reféns aos cidadáns” e de actuar segundo “intereses políticos”.

Pardo defendeu a prórroga da concesión, “avalada polos tribunais”, e asegurou que hai informes que destacan que a gran maioría dos vigueses está satisfeito co servizo de bus urbano. Así mesmo, quixo lanzar “un aviso a navegantes” e sinalou que o Concello encargou un estudo técnico sobre o servizo de bus urbano e “o dano ao transporte faino quen o boicotea”.

A intervención de Pardo foi interrompida en varias ocasións por membros do comité de Vitrasa, que asistiron como público ao pleno, e a quen o concelleiro socialista dirixiuse dicindo:Se non lles gusta o que escoitan, poden abandonar o pleno”.

Ademais de asistir ao pleno, un grupo de traballadores desprazouse pouco despois ao cruzamento de Gran Vía con Lepanto, onde o alcalde, Abel Caballero convocara aos medios con motivo do inicio da montaxe da iluminación do Nadal. Alí, os traballadores increparon ao rexedor, ao berro de “menos luces e máis autobuses”.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...