“A mañá do sábado 2 de setembro o paso da Garda Civil a cabalo pola praia da Ribeira (Baiona) desencadeou unha situación surrealista” relata esta veciña no grupo de Facebook de Baiona Denuncia.
Os cabalos defecaron á beira do mar e ninguén puido remediar a situación alegando que “non é responsabilidade súa”.
Segundo sinalan no escrito, a policía local comunicoulles que os animais da Garda Civil estaban exentos da recollida de excrementos esixida ao persoal civil.
Por outra banda a limpeza das praias efectuábase en horario nocturno e a limpeza de calquera dependencia municipal por parte da subcontrata FCC na localidade estaba suxeita á dispoñibilidade pero sendo sábado, que non existía esa posibilidade.
Por outra banda protección civil e persoal de socorrismo da praia deixaron claro que ese tampouco era unha tarefa que formase parte das súas obrigas, e que cando os excrementos chegasen ao nivel da auga, tiñan obriga de pechala, mentras a beira do areal xa tiña chantadas as bandeiras vermellas na zona dos excrementos.
Visto o panorama e ante a falta de interese por parte da administración local, un grupo de usuarias decidiron recoller os excrementos pola súa conta “pero non sen que os socorristas tamén tivesen problemas para prestarnos unha escoba e un recolledor” sinala esta veciña.
A tarefa de limpeza, levoulles menos de 10 minutos. E protección civil retirou a bandeira vermella.
Os comentarios na rede non tardaron en chegar, precisamente pola proibición existente de levar animais aos areais en periodo estival que conleva sancións económicas. Máxime se non se recollen os seus excrementos.
VER VIDEO
VIDEO | Bañistas recollen os excrementos dos cabalos da Garda Civil para impedir o peche da praia logo de que ningunha administración se fixera cargo
Unhas bañistas foron as que se fixeron cargo da situación e recolleron os excrementos a man, para impedir o peche do areal.
PUBLICADO O
- Advertisement -