InicioCulturaO Festival Internacional de Cinema de Bueu retratará a vangarda internacional do...

O Festival Internacional de Cinema de Bueu retratará a vangarda internacional do cinema de autor ao mostrar 89 curtos de 30 países

Catro producións realizadas na rexión compiten este ano na sección oficial e máis do espazo GZ_00, no que se proxectarán 12 curtos asinados por cineastas emerxentes galegos este domingo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Festival Internacional de Cinema de Bueu (FICBueu) retratará a vangarda do audiovisual do cinema de autor ao mostrar entre o 9 e o 24 de setembro, 89 curtos procedentes dunha trintena de países co apoio da Xunta. A mostra cinematográfica, que celebra a súa 16º edición, é unha das 11 beneficiarias na convocatoria de axudas a festivais do sector audiovisual, liña de subvencións á que a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades destina 225.000 euros neste 2023.

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou este mércores na presentación do programa do evento xunto aos directores do festival, Manuel Pena, María Ruiz-Falcó e Nerea Lores, e representantes do resto das institucións colaboradoras. “A mostra audiovisual de Bueu ocupa pola súa consolidada traxectoria un destacado lugar no circuíto de festivais cinematográficos de Galicia, eixo fundamental na cadea de difusión do talento audiovisual galego”, sinalou. Un talento, continuou, que estará presente no festival a través de catro producións realizadas na rexión que compiten este ano na sección oficial e máis do espazo GZ_00, no que se proxectarán 12 curtos asinados por cineastas emerxentes galegos este domingo.

TRIBUTO A LUISA MERELAS

O FICBueu, que se suma este ano á axenda global de 2.500 actividades artísticas que a Xunta promove este verán baixo a lema ‘A Cultura en Galicia é un CulturON’, renderá tributo ao documentalista neerlandés Joris Ivens, que protagonizará a retrospectiva deste 2023, e á actriz Luisa Merelas, que recibirá o Premio Cinema Galego pola súa traxectoria.

A intérprete recollerá o galardón durante a gala de entrega de premios, na que se coñecerá o palmarés dunha sección oficial na que, entre cintas producidas en 20 países, competirán os catro curtos dirixidos ou producidos en Galicia: Ulises, de Félix Brixel; Ruovesi, de Andrea Zapata-Girau; Alicia fai cousas, de Anxo Santos, e SandwichCat, de David Fidalgo.

OUTRAS ACTIVIDADES

O FICBueu completa o seu cartel cunha serie de actividades que lle outorgan ao certame unha dimensión completa no seu labor de divulgación cultural. Destacan iniciativas como ao MiniFIC, con proxeccións destinadas aos máis novos e ao alumnado dos centros de ensino; a ludoteca gratuíta, que se inaugura este ano para fomentar a conciliación no seo do festival, ou o II Xornadas Cinematográficas, conformadas concoloquios, proxeccións e clases maxistrais.

Como novidade deste 2023 e dentro das actividades paralelas, desenvolverase o I Residencia FICBueu, unha decidida aposta do encontro audiovisual pola formación a través dunha residencia artística dirixida pola guionista Isabel Pena e que se desenvolverá en outubro na Illa de Ons co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais e da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

ÚLTIMAS

Vigo, epicentro dunha folga xeral con numerosas mobilizacións en toda Galicia

Os traballadores galegos están convocados este mércores 11 de novembro a secundar unha folga...

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cunha experiencia inmersiva gratuíta e “única”: así será a nova atracción do centro da cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que Disney+ instalará na rúa Policarpo Sanz...

O PP de Vigo acusa a Caballero de “vetar” un aumento da partida de vivenda

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, acusou o alcalde, Abel Caballero, de...

Acepta 10 meses de prisión por insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo por dicir que “ía nunha patera”

Un home acusado dun delito contra os dereitos fundamentais e contra a integridade moral...