InicioVigo e contornaVigoBNG acusa de "improvisación" ao goberno local de Vigo co PXOM e...

BNG acusa de “improvisación” ao goberno local de Vigo co PXOM e esixe mostrar as alegacións

O grupo municipal do PP de Vigo urxiu a aprobación do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal antes do próximo 5 de outubro, momento en que decae o Instrumento de Ordenación Provisional.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do BNG en Vigo criticou este mércores que o goberno encabezado por Abel Caballero “insiste na permanente improvisación e na total opacidade” na tramitación do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

O portavoz do grupo nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, sinalou que o alcalde anunciou nas últimas horas a aprobación provisional do Plan nun prazo de dous meses (información “que non se transmitiu na reunión do Consello da Xerencia de Urbanismo”), pero non aclarou “como vai impedir que decaia o instrumento de ordenación provisional (IOP) o próximo 5 de outubro”.

Pérez Igrexas advertiu de que se vai producir unha situación de “caos urbanístico” se decae a ordenación provisional antes da aprobación da PXOM, e haberá un lapso de tempo no que se poderán outorgar licenzas con arranxo ao Plan anterior, e podería haber contradicións co novo plan. “Imos entrar nunha situación de incerteza, de falta de claridade, por culpa da improvisación e a nefasta xestión do goberno local”, subliñou.

Finalmente, esixiu “que se informe publicamente de cal vai ser a proposta de ditame das máis de 4.000 alegacións” presentadas ao documento urbanístico. Ao seu xuízo, os veciños e colectivos que reclamaron “ten dereito a saber” como se responderá ás súas alegacións, antes de que a PXOM sexa aprobado.

O PP PIDE A APROBACIÓN DO PXOM ANTES DO 5 DE OUTUBRO

O grupo municipal do PP de Vigo urxiu a aprobación do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal antes do próximo 5 de outubro, momento en que decae o Instrumento de Ordenación Provisional (IOP) e advertiu sobre o risco de deixar “nas pavías” o urbanismo da cidade.

A portavoz ‘popular’, Marta Fernández-Tapias advertiu, nun comunicado remitido aos medios, que “non hai ningún motivo para pospor” a aprobación provisional da PXOM por dous meses, tal e como anunciou o alcalde, Abel Caballero.

Fernández-Tapias sinalou que o prazo dado polo rexedor (que avanzou a aprobación provisional para dentro de dous meses e a definitiva no primeiro semestre de 2024) “é unha irresponsabilidade” e “unha inxustiza” para os cidadáns en espera dunha resposta urbanística.

Así, sinalou que o decaimiento do IOP “pode supor unha desfeita” no urbanismo de Vigo, polo que urxiu a axilización dos trámites. “trátase dunha cuestión de vontade, xa non hai escusas, pero claramente o rexedor vigués está a antepor os seus intereses políticos fronte á seguridade e tranquilidade para moitos vigueses e viguesas”, apuntou.

Cando decaia a ordenación provisional, lembrou, o urbanismo vigués “regresaría ao Plan de 1993” e o goberno municipal “deberá asumir a súa responsabilidade”. Así mesmo, lembrou que ese instrumento de ordenación “púxose en marcha para permitir o desenvolvemento e seguir avanzado no urbanismo que non estaba afectado pola anulación da PXOM de 2008”.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...