InicioSociedadeUGT ve "desinterese" da Xunta por garantir a seguridade na Cidade da...

UGT ve “desinterese” da Xunta por garantir a seguridade na Cidade da Xustiza de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Federación de Servizos Mobilidade e Consumo (FeSMC) de UGT constatou este mércores o “desinterese” da Xunta por garantir a seguridade na Cidade da Xustiza de Vigo, tras escoitar as declaracións do presidente Alfonso Rueda, negando recortes en seguridade e falando dunha reorganización de recursos ao concentrarse todas as dotacións xudiciais nun só edificio.

Para o sindicato, a posición da administración autonómica evidencia o “desinterese” por proporcionar os “medios mínimos e imprescindibles” de seguridade nesas instalacións, competencia da Xunta.

Segundo criticaron, falar de concentración de recursos “non é máis que un intento de desviar a atención e eludir a responsabilidade” que ten o goberno galego, e lembraron que os servizos de seguridade non só protexen ás persoas que acoden aos xulgados cada día, senón tamén os aveños, como probas ou documentación.

UGT advertiu de que a Cidade de Xustiza, non só pola actividade que acolle, senón polas súas características construtivas, “ten que ser catalogado como un edificio de especial relevancia dentro do campo da seguridade”, e ténselle que dotar dun servizo de vixilancia “de pronta resposta”, con vixiantes as 24 horas do día e os 365 días do ano.

ÚLTIMAS

Así será o novo Balaídos: 86 millóns, unha Tribuna de 14.200 espectadores e obras ata 2029

O futuro de Balaídos comeza a tomar forma sobre o papel, cun proxecto que...

Vigo marchou dividido nas protestas do 25N

Miles de persoas saíron á rúa este mércores en Vigo para expresar a súa...

Belén Aguilera chega a Vigo antes das eleccións do 29N: “Como artista e como muller, dáme medo o que poida pasar, pero non vou...

Hai artistas para os que cada disco representa un cambio de pel, unha necesidade...

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...