InicioSucesosA Garda Civil socorre a un bombeiro que envorcou co vehículo de...

A Garda Civil socorre a un bombeiro que envorcou co vehículo de emerxencias

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Garda Civil do Porriño socorreu a un bombeiro que envorcou co camión de extinción de incendios, no Camiño de San Cosme, un viario que une a PO-331 con Vigo.

Varios usuarios da vía avisaron á Garda Civil da presenza dun vehículo de emerxencias envorcado. Así, varios axentes presentes nas proximidades puideron comprobar a veracidade do aviso, localizando á altura do quilómetro 1 da vía ao camión de extinción de incendios da Xunta envorcado sobre o noiro da estrada.

No seu interior, atopábase o condutor e único ocupante, semi insconsciente e suxeito ao asento grazas á acción do cinto de seguridade e incapaz de abandonar o vehículo polos seus propios medios. Os gardas civís, coa colaboración de varios usuarios da vía, lograron desbloquear a porta do vehículo, rescatando ao condutor e prestarlle os primeiros auxilios, ata que chegou a ambulancia solicitada.

Unha vez estabilizado o ferido, foi trasladado ao hospital Álvaro Cunqueiro, a Policía local do Concello de Vigo fíxose cargo da instrución das oportunas dilixencias. O sinistro, unha saída de vía por marxe dereita con posterior envorco, cuxas causas se descoñecen, produciuse cando o vehículo de emerxencias regresaba á súa base tras cargar auga despois de atender un incendio forestal na localidade de Salceda de Caselas.

ÚLTIMAS

José Couñago encabezará a candidatura socialista á Alcaldía de Mos nas eleccións locais de 2027

José Couñago encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Mos nas próximas eleccións...

A falta de compoñentes obriga a Stellantis Vigo a suspender a produción do modelo Peugeot 2000

Stellantis Vigo suspenderá a actividade produtiva do Sistema 1, o que fabrica o Peugeot...

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...