InicioCulturaO vigués Eduardo Soutullo recibe un dos Premios Nacionais de Música 2023

O vigués Eduardo Soutullo recibe un dos Premios Nacionais de Música 2023

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Ministerio de Cultura e Deporte concedeu os Premios Nacionais de Música 2023 ao guitarrista Juan Manuel Cañizares e ao compositor vigués Eduardo Soutullo.

O xurado propuxo a Soutullo a quen lle foi outorgado o recoñecemento “polo unánime recoñecemento internacional da súa música, especialmente a súa produción orquestral, destacando a estrea en 2022 en San Petersburgo da súa cantata ‘El lamento de los girasoles'”, segundo subliñou nun comunicado o departamento que dirixe Miquel Iceta.

Os premios, dotados con 30.000 euros cada un, decidíronse por parte dun xurado presidido polo director xeral do Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música (INAEM), Joan Francesc Marco, e actuando como vicepresidenta a subdirectora xeral de Música e Danza, Ana Belén Faus Guijarro.

 

ÚLTIMAS

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...

A Fiscalía pide ano e medio de prisión para un home acusado de acosar con insultos homófobos a un traballador en Vigo

Un home de 39 anos enfróntase a unha petición fiscal de ano e medio...

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...

Tres mergulladores denunciados en Vigo por capturar polbo de talla inferior e extraer case seis quilos de bivalvos

A Policía Local de Vigo denunciou nos últimos días a tres persoas por irregularidades...