InicioSociedadeAfectacións ao tráfico na autovía A-55 tras o corte da calzada sentido...

Afectacións ao tráfico na autovía A-55 tras o corte da calzada sentido Portugal

PUBLICADO O

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana está a executar as obras de saneo e estabilización de noiros entre os quilómetros 27,735 e 28,025 da calzada sentido Portugal da autovía A-55, na contorna de Tui, na provincia de Pontevedra.

Tras a finalización dos traballos da primeira fase (entre os meses de xaneiro e xuño do presente ano), van dar comezo os traballos da segunda. Por este motivo e para garantir a seguridade viaria dos traballadores e usuarios da autovía, a partir deste luns 4 de setembro, ao redor das 8,00 horas, cortouse a calzada con sentido Tui/Portugal da A-55 entre os quilómetros 27,600 e 28,200.

O tráfico foi desviado pola calzada oposta (sentido Vigo), e habilitouse na devandita calzada o tráfico en dobre sentido de circulación. As afectacións ao tráfico prolongaranse previsiblemente ata finais de setembro, de acordo coa información que traslada o ministerio.

ÚLTIMAS

Multa de 98.500 euros á Comunidade de Montes de Cabral por danos no hábitat

A Dirección Xeral de Patrimonio Natural multou con 98.500 euros á Comunidade de Montes...

Acepta tres anos de cárcere por violar a unha coñecida tras atoparse nunha discoteca de Vigo

Un home acusado de violar a unha coñecida tras atoparse nunha discoteca de Vigo...

URAX Space galardoada nos Premios Emprende XXI como a empresa start-up con maior potencial de Galicia

A 'start-up' (empresa emerxente) UARX Space foi recoñecida nos Premios Emprende XXI como a...

As Anpas de Vigo piden máis limpeza en colexios e o Concello acusa ao BNG de estar detrás das protestas

A Federación Olívica de Asociacións de Pais e Nais de centros escolares de Vigo...