InicioVigo e contornaVigoAbel Caballero carga contra o recurso da fiscalía polo ruído de Nadal:...

Abel Caballero carga contra o recurso da fiscalía polo ruído de Nadal: “O Fiscal non é imparcial”

Abel Caballero recalcou que o Ministerio Público xa mantivo esta posición ante o xulgado do contencioso administrativo 1 de Vigo e que este resolveu cunha sentenza "absolutamente favorable" ao Concello.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, sinalou que a posición mantida pola Fiscalía con respecto aos ruídos xerados polas actividades do Nadal “xa pasou por unha xuíza” e que esta resolveu de forma favorable ao Concello, polo que restou importancia ao recurso presentado (ao que se adheriu o Ministerio Público) e matizou: “O Fiscal é de parte, o fiscal non é imparcial”.

Así se manifestou o rexedor olívico a preguntas dos medios, tras coñecerse que a Fiscalía tamén se opón á sentenza de primeira instancia e pide “límites” para os ruídos das atraccións do Nadal, considerando que se vulneraron dereitos dos veciños e non se tomaron medidas eficaces para paliar as molestias.

Ao ser preguntado polos xornalistas, Abel Caballero recalcou que o Ministerio Público xa mantivo esta posición ante o xulgado do contencioso administrativo 1 de Vigo e que este resolveu cunha sentenza “absolutamente favorable” ao Concello. Así, no seu día a xuíza estimou que non se produciu unha exposición prolongada dos veciños á contaminación acústica e que o Consistorio actuara de forma diligente, adoptando medidas para reducir os ruídos.

Por agora, a Fiscalía non foi atendida pola xuíza aquí. Xa hai unha sentenza que xa tivo en conta o que di o Fiscal (…) e a xuíza deu toda a razón ao Concello”, recalcou o alcalde, que proclamou que “o que importa son as sentenzas”, aínda que mostrou o seu “respecto” á posición do Ministerio Público.

Cuestionado pola petición da Asociación de Veciños Zona Centro, que reclamou poder participar na comisión municipal creada para organizar os festexos do Nadal, Abel Caballero limitouse ha subliñar que “non hai unha asociación de veciños da zona centro”, senón unha asociación que “non é asociación de veciños”, e lembrou que, nas súas pretensións no xulgado, “perderon por goleada”.

“EVITAR EXCESOS”

Na mesma liña pronunciouse o portavoz municipal, Carlos López Font, que, nun audio remitido aos medios, asegurou que o goberno local traballa “de forma permanente” para “minorar os efectos” prexudiciais que poidan ter as actividades da campaña do Nadal, e que busca “mellorar todos os procedementos” para “evitar excesos” que resulten molestos aos veciños.

O concelleiro socialista tamén quixo facer valer a sentenza do contencioso administrativo que, segundo o seu criterio, “polo momento é firme”.

ÚLTIMAS

Cazan ‘in fraganti’ tres ladróns cando tentaban asaltar unha vivenda no barrio vigués de Balaídos

A rápida intervención policial e a colaboración cidadá evitaron que se consumase un novo...

Unha conferencia revela como a arte do século XIX construíu a imaxe histórica de Vigo

O historiador da arte e membro do Instituto de Estudos Vigueses, José Luis Mateo,...

O Celta recibe o selo nacional de transparencia e divulgación non financeira de mans do Consello Xeral de Economistas e LaLiga

O Consello Xeral de Economistas de España (CGEE) e LaLiga distinguirán o vindeiro luns,...

Abel Caballero convoca o pleno extraordinario do caso Saltamontes o 19 de xuño pero elude a súa comparecencia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, convocou para o próximo 19 de xuño o...