InicioEconomíaContinúan as mobilizacións e manifestacións en Metalships que acode á mediación da...

Continúan as mobilizacións e manifestacións en Metalships que acode á mediación da Xunta

Os sindicatos denunciaron a intención da propiedade de "desmantelar" o estaleiro, tras o despedimento de decenas de persoas nos últimos anos entre os que hai membros do comité de empresa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O conflito en estaleiro Metalships de Vigo entrou nunha nova fase tras a petición da empresa á Xunta de mediación, aínda que se mantén a folga indefinida, cun seguimento do cento por cento, segundo os sindicatos, e prepárase unha manifestación para este xoves, contra a “represión sindical” e para esixir a readmisión dos despedidos.

Así, este xoves celebrarase unha reunión a petición de Metalships entre representantes da empresa e dos sindicatos, con mediación da Xunta, no marco do AGA (acordo interprofesional sobre procedementos extraxudiciais de solucións de conflitos de traballo).

Mentres, mantense a folga indefinida comezada o pasado luns e, segundo apuntaron os representantes dos traballadores, o seguimento do paro é total, tanto por parte do persoal de Metalships como das auxiliares.

Os sindicatos denunciaron a intención da propiedade de “desmantelar” o estaleiro, tras o despedimento de decenas de persoas nos últimos anos (o últimos sete hai uns días), entre os que hai membros do comité de empresa. Por iso, ademais da falta de vontade de manter a actividade por parte do dono, Manuel Rodríguez, criticaron as prácticas de “represión sindical” en Metalships.

No marco deste conflito, ademais das concentracións que houbo e da presentación dunha denuncia ante a Inspección de Traballo, convocaron unha manifestación para este xoves, que sairá do estaleiro, en Teis, ás 10,00 horas, e finalizará na sede do Círculo de Empresarios de Galicia (onde Manuel Rodríguez exerce como presidente) en Vigo.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...