InicioVigo e contornaVigoO goberno de Vigo responde ao PP que as alegacións ao PXOM...

O goberno de Vigo responde ao PP que as alegacións ao PXOM fanse tras a aprobación definitiva

A concelleira de Urbanismo, María José Caride, lamentou que os edís 'populares' non aproveiten as vacacións para "ler a lei do solo de Galicia".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno municipal de Vigo saíu ao paso das críticas do grupo do PP, sobre a falta de resposta aos miles de alegacións presentadas ao novo Plan Xeral de Ordenación Municipal, e lembrou que a lexislación establece que esas reclamacións deben ser respondidas despois da aprobación definitiva do documento urbanístico.

Así o manifestou a concelleira responsable de Urbanismo, María José Caride, nunha gravación remitida aos medios na que lamentou que os edís ‘populares’ non aproveiten as vacacións para “ler a lei do solo de Galicia”. Así, incidiu, “verían que o momento no que os concellos deben dar resposta caso a caso ás alegacións é despois da aprobación definitiva”.

“Ata ese momento, poden incorporarse algunhas modificacións derivadas dos informes sectoriais da Xunta ou do Estado, que poderían facer que algunhas alegacións fosen aceptadas ou rexeitadas”, explicou.

María José Caride tamén aseverou que “é unha pena” que os concelleiros do PP “non aproveiten a súa influencia sobre a Xunta” para instala a “axilizar a tramitación da PXOM de Vigo”. Respecto diso, a responsable de Urbanismo insistiu en que o Concello leva “12 meses á espera de informes favorables” da administración autonómica.

Ademais, acusou á actual portavoz municipal do PP e anterior delegada da Xunta, Marta Fernández-Tapia, de ter “retido e escondido nun caixón durante máis dun mes” un informe negativo de Patrimonio, á espera de que “lle viñese ben” dalo a coñecer publicamente nunha rolda de prensa.

Agora, engadiu Caride, o Plan de Vigo xa ten o informe favorable de Patrimonio e “só está pendente” de completar a tramitación da declaración de impacto ambiental. “Cando a teñamos, procederemos de forma inmediata á tramitación da aprobación provisional (cuxo prazo expira o 22 de setembro)”, aseverou.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...