InicioSociedadeSan Teleco, primeira festa da UVigo que emprega "voluntariado lila" contra a...

San Teleco, primeira festa da UVigo que emprega “voluntariado lila” contra a violencia de xénero

PUBLICADO O

- Advertisement -

A celebración do patrón da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, que comezou este mediodía e se prolongará ata as 20:00 horas nas inmediacións do centro, convértese na primeira festa da Universidade de Vigo “cun protocolo fronte ás violencias de xénero”.

“Dende a Unidade de Igualdade ofrecéronnos unha formación para levar a cabo a nosa actividade como voluntariado lila, con persoas procedentes da propia escola, pero tamén de Filoloxía, Bioloxía, Minas ou Ciencias Xurídicas, coa misión de acadar unha festa nun marco de igualdade onde todas e todos poidan disfrutar libremente”, explica Jaime González, membro da delegación de alumnos da escola na organización da festa.

Xunto á introdución do protocolo fronte ás violencias de xénero, a contratación dun novo servizo de catering, cunha oferta máis económica, son as principais novidades do San Teleco 2018, no que a música electrónica será a gran protagonista cunha serie de concretos que comezaron ás 15:00 horas e continuarán ata as 19.00 coa actuación do cabeza de cartel, o Yaggo Dj, “un artista coñecido no mundiño por actuar no Nova Era e por compartir escenario con Hardwell, Steve Aoki e Martin Garrix”, sinala Jaime González.

San Teleco/ Duvi

Un total de 14 estudantes da delegación da escola encargáronse desde o pasado mes de xuño da organización da festa “para que sexa todo un éxito”. Unha celebración, na que ademais do sorteo de premios achegados polos patrocinadores, non faltará unha cara solidaria a través da doazón de parte dos beneficios a Asdegal, “unha asociación galega que traballa en diferentes ámbitos como o acompañamento a enfermos ingresados, acompañamento a domicilio ou en residencias de persoas maiores, apoio a menores…”, explica González.

ÚLTIMAS

Novas ramplas para a Gran Vía, entre as rúas Xirona e Tarragona, por 9 millóns

A Xunta de Goberno Local de Vigo deu este venres luz verde á licitación...

Colas quilométricas na AP-9 ao seu paso por Vigo tras rexistrarse un accidente por alcance entre tres coches en Teis

Un accidente por alcance entre tres coches na AP-9 ao seu paso por Vigo...

Ferido un bombeiro tras sufrir un golpe de calor nun incendio dun garaxe de Vigo

Un bombeiro tivo que ser trasladado a un centro hospitalario tras sufrir un golpe...

“Teñen que cooperar e pagar”, Caballero insiste a Xunta e deputación polo Mundial

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, sinalou este venres que xa enviou sendas cartas...