InicioSucesosDúas detencións por violencia de xénero e outra por vulnerar unha orde...

Dúas detencións por violencia de xénero e outra por vulnerar unha orde de afastamento en Vigo

Unha das presuntas agresións tivo lugar en Castrelos mentres se celebraba o concerto de David Guetta.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo detivo a dous homes o pasado fin de semana por supostos episodios de violencia de xénero, e a outro por vulnerar unha orde de afastamento ditada por un xulgado penal da cidade.

Segundo informaron fontes policiais, á primeira hora da tarde do pasado sábado, o 092 recibiu unha chamada sobre unha suposta agresión machista na rúa Rosalía de Castro. Cando os axentes chegaron, a suposta vítima recoñeceu que tivera unha discusión co seu parella pero que non pasara nada, a pesar de que tiña un golpe no lado esquerdo da cara.

As testemuñas explicaron á Policía que o home, J.J.J., de 36 anos de idade, propináralle un bofetón á muller. Por estes feitos, os funcionarios procederon á detención do home.

Xa na madrugada do domingo ao luns, a Policía Local acudiu ao parque de Castrelos (onde se celebrou o concerto de David Guetta) tras recibir un aviso por unha agresión machista. Unha testemuña denunciou que vira a un home atacar á súa parella.

Os axentes entrevistáronse coa suposta vítima, que negou dita agresión e que xustificou as lesións que presentaba “por unha caída”. Con todo, en atención ao relatado pola testemuña, a Policía detivo ao sospeitoso, E.J.V.G., de 44 anos de idade.

Ademais, a Policía interveu tamén noutro episodio de violencia de xénero, ao mediodía do pasado xoves. Unha patrulla que prestaba servizo na zona peonil da rúa Urzáiz foi requirida por unha muller, que lles explicou que a súa parella a agrediu esa madrugada no domicilio familiar.

A vítima non puido precisar con que fora golpeada porque ela e a súa parella consumiran alcol, e tampouco lembraba o motivo da discusión. Segundo o seu relato logrou zafarse e fuxir, e foi refuxiarse a casa dunha amiga.

A muller explicou que xa sufrira agresións anteriores por parte do seu parella pero non se atreveu a denuncialo. Os policías acudiron ao domicilio pero alí non se atopaba o sospeitoso, que aínda segue sen ser localizado; e a muller foi evacuada a un centro médico.

VIOLENCIA FAMILIAR E QUEBRANTAMENTO DE CONDENA

Por outra banda, a Policía Local informou doutra intervención, na madrugada do domingo, cando dotación que patrullaba pola rúa Hernán Cortés, observou a unha parella discutindo. O home presentaba unha ferida sanguenta na boca, e a muller recoñeceu que ela o agrediu durante unha discusión para evitar que conducise unha motocicleta, porque consumira alcol. Por iso, foi detida por un suposto delito de violencia familiar.

Tamén na madrugada do domingo, o 092 recibiu un aviso para acudir á rúa Urzáiz, onde unha parella estaba a discutir na vía pública. Unha vez identificados, os axentes comprobaron que hai unha orde de afastamento, en vigor ata 2024, que prohibe ao home achegarse á muller por un delito de malos tratos no ámbito familiar, polo que foi arrestado como presunto autor dun quebrantamento de medida.

ÚLTIMAS

Caballero saca peito e di que Vigo é un “modelo turístico en España”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou que a cidade "continúe sendo un modelo turístico...

O BNG de Vigo pide limitar o uso de petardos no Fin de Ano polos “prexuízos” a animais e persoas maiores

O BNG de Vigo demandou ao goberno local que emita un bando para limitar...

Auxilian en Vigo a un home de 50 anos que entrou en parada cardiorespiratoria en plena rúa, resultando falecido

Os profesionais de emerxencias auxiliaron na tarde deste xoves en Vigo a un home duns...

Comisan en Ecuador máis dunha tonelada de cocaína que tiña como destino o porto de Vigo

A Policía Nacional de Ecuador comisou, en Guayaquil, máis dunha tonelada de cocaína nun colector que...