InicioVigo e contornaVigoA CIG denuncia que o parque de bombeiros de Coruxo quedou "inoperativo"...

A CIG denuncia que o parque de bombeiros de Coruxo quedou “inoperativo” pola falta de efectivos

O sindicato lembrou que estas instalacións xa foron pechadas en anteriores ocasións por falta de persoal, unha situación que atribúen ao "deixamento e falta de responsabilidade por parte do goberno municipal".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección sindical da CIG no Concello de Vigo volveu a denunciar a falta de efectivos de bombeiros na cidade, o que provocou que este xoves quedase, “na práctica, inoperativo”, o parque municipal de Coruxo.

Segundo a central nacionalista, desde as 22,00 horas deste mércores ata as 9,00 horas deste xoves só houbo 4 bombeiros nese parque, cando debería haber polo menos 6. A iso súmase que, entre as 9,00 e as 11,00 horas houbo só 2 efectivos “e ningún condutor” e que, desde as 11,00 horas ata as 22,00 horas haberá só 4 bombeiros, “incumpríndose así o aprobado pola Corporación municipal”.

Nesta situación, a CIG sinala que o parque de Coruxo está “practicamente inoperativo” e “debería estar pechado pola propia seguridade dos bombeiros e dos cidadáns, como xa ocorreu con anterioridade”.

Respecto diso, o sindicato lembrou que estas instalacións xa foron pechadas en anteriores ocasións por falta de persoal, unha situación que atribúen ao “deixamento e falta de responsabilidade por parte do goberno municipal” para buscar unha solución a un “problema crónico”.

A CIG denunciou que o goberno local incumpre os mínimos que decretou (fixando un persoal operativo de polo menos 20 efectivos ao día entre os dous parques, o de Coruxo e o central de Teis) e pon “en risco” á cidade ao aumentar “considerablemente” os tempos de resposta ante un posible sinistro.

Por outra banda, subliñou que as ofertas de emprego dos anos 2020, 2021 e 2022 seguen sen executarse, e a de 2023 está “paralizada”. Así as cousas, reclamou ao goberno vigués e ao alcalde, Abel Caballero, “que utilicen dunha forma áxil a súa maioría absoluta para resolver dunha vez este problema crónico do servizo de bombeiros de Vigo” e que o prioricen “nunha axenda municipal cargada de eventos con moito ‘glamour’ e festividade”.

Precisamente este xoves o alcalde, xunto aos concelleiros Olga Alonso (concelleira de Recursos Humanos) e Javier Pardo (concelleiro de Fomento e Servizos), recibiu á primeira muller bombeiro coa que contará o Concello de Vigo, Natalia Bastón.

Abel Caballero recibiu á nova bombeira interina do servizo municipal en dependencias da Alcaldía e subliñou que a súa incorporación supón “un fito” no corpo de bombeiros.

ÚLTIMAS

Zendal organiza no Porriño un encontro internacional sobre os desafíos da inmunización e a saúde global

A compañía biotecnolóxica Zendal organizará este venres, 24 de abril, nas súas instalacións do...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...