InicioSucesosDetido en Vigo un home por saltarse a orde de afastamento da...

Detido en Vigo un home por saltarse a orde de afastamento da súa exparella

J.M.G.G. de Mos e 31 anos de idade foi detido tras acceder ao mesmo chiringuito ca ela.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home, J.M.G.G. de Mos e 31 anos de idade, foi detido en Vigo tras saltarse a orde de afastamento da súa exparellaaccedendo a un chiringuito de praia onde ela acudira momentos antes.

Segundo informa a Policía Local, os axentes tiveron constancia do suceso cando a muller solicitou presenza policial debido a que a súa exparella, á cal lle constaba unha orde de afastamento, acudira ao mesmo local no que ela estaba.

A moza abandonou o chiringuito e esperou no exterior do establecemento aos policías. Cando chegaron os funcionarios, explicoulles que xa o pasado 4 de xullo sucedera un feito similar nun concerto, pero naquela ocasión ela decidiu saír do mesmo sen presentar denuncia.

Así, os axentes localizaron no interior do bar ao home, verificando a información achegada pola vítima, polo que se procedeu á súa detención por saltarse a orde de afastamento.

ÚLTIMAS

Sumar Galicia impulsa unha proposta de coalición de esquerdas en Vigo de face ás próximas eleccións municipais

Movemento Sumar Galicia remitiu unha carta a Esquerda Unida, Verdes Equo, Anova e Podemos...

O aeroporto de Vigo opera con “normalidade” no cuarto día de folga dos controladores aéreos

Os aeroportos de Vigo e A Coruña funcionan "con normalidade" na xornada deste luns,...

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...