InicioPolíticaCaballero defende que os concellos son "os máis preparados" para combater a...

Caballero defende que os concellos son “os máis preparados” para combater a pobreza infantil

A asignación contra a violencia de xénero e para axudar ás vítimas da mesma desde o Concello de Vigo, pasa de 20 a 40 millóns de euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Abel Caballero mostrou este martes a súa satisfacción, como Presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), “polo protagonismo que os Gobernos Locais gañaron nos últimos meses”, un papel que, segundo asegura o rexedor vigués, se puxo de manifesto nos encontros celebrados co novo Executivo.

Caballero anunciou que proximamente celebrarase a reunión anunciada co presidente do
Goberno, Pedro Sánchez, un encontro no que a FEMP foi convocada “ao tempo e
en igualdade de condicións que as citas coas Comunidades Autónomas”, e no que,
asegurou, transmitirá a Sánchez “a situación e formulacións da Federación”. Caballero
mostrou o seu desexo de que reunións e convocatorias deste tipo se manteñan para
futuros Gobernos.

No seu repaso aos encontros mantidos con diversos membros do Executivo, o presidente
da FEMP destacou a “colaboración eficiente” que se mantivo coa Vicepresidencia do Goberno cando as Entidades Locais coordinaron a acolleita dos migrantes do Aquarius, e os “bos resultados” obtidos, coa tamén Ministra de Igualdade, Carmen Calvo, no relativo a participación local na loita contra a violencia de xénero.

Reunión da FEMP/ FEMP

Caballero destacou a asignación de 20 millóns de euros este ano e o compromiso de asignar 40 millóns o ano próximo e, sobre todo, a recuperación competencias municipais neste ámbito.

O que máis valora dese cambio, asegurou, é “que se recoñeceu que o lugar ao que antes
acoden as mulleres maltratadas son os servizos sociais dos Consistorios”. A FEMP tamén foi recibida neste tempo polos titulares do Alto Comisionado de Pobreza Infantil, “cos que constatou igualmente que os Gobernos Locais son os máis preparados para apoiar e emprender accións para ofrecer servizos ao colectivo de nenos que sofren as consecuencias da pobreza”.

ÚLTIMAS

Xunta insiste en que Vigo terá abastecemento de agua ata final de ano

A Xunta de Galicia quixo enviar unha mensaxe de "tranquilidade" á veciñanza de Vigo...

O Nadal de Vigo xa ten o seu selo de Correos

Correos emite este mércores o selo "Cidades do Nadal. Vigo", que se pon en...

Vigo calcula en 107 millóns o investimento necesario para ser sede do Mundial e que Xunta e Deputación aporten dous terzos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que será preciso investir máis de 107,5...

Caballero: “A sanidade de Vigo vive a situación máis calamitosa da historia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu denunciar este martes a "situación calamitosa" da...