InicioSucesosTres accidentes case simultáneos provocan retencións na autovía Vigo-Tui

Tres accidentes case simultáneos provocan retencións na autovía Vigo-Tui

PUBLICADO O

- Advertisement -

Tres accidentes rexistrados nun breve intervalo de tempo na A-55, con outros tantos feridos, xerou complicacións na circulación con retencións no acceso a Vigo.

Segundo informa o 112 no seu parte de incidencias, foron distintos accidentes rexistrados en Vigo e en Mos. Un deles tivo lugar poucos minutos antes do dez horas da mañá de hoxe á altura do punto quilométrico 5, sentido Vigo.

Tratouse dunha colisión entre tres turismos ao paso pola parroquia de Bembrive e, a consecuencia do impacto, dúas persoas resultaron feridas e tiveron que ser atendidas polo equipo de urxencias sanitarias. Ademais, ao lugar do suceso acudiron tamén os axentes da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e profesionais de mantemento da vía.

Poucos minutos despois, os servizos de emerxencia tiveron que acudir ao momento quilométrico 13, dirección Tui, para axudar a unha muller ferida tras saírse da vía co seu vehículo. Igualmente, nesta ocasión, foi unha persoa particular quen deu o aviso ao 112 Galicia ao atopar o accidente cando circulaba á altura da parroquia de Sanguiñeda, en Mos.

Por outra banda, tamén na A-55, ás 09,40, horas produciuse unha saída de vía sen feridos á altura do punto quilométrico 10, sentido Vigo. O turismo chocou contra unha das barreiras de seguridade nas curvas de Tameiga.

De acordo cos efectivos do Servizo Municipal de Emerxencias de Mos, os ocupantes atopábanse ben e o vehículo foi retirado da vía co fin de restablecer as condicións de seguridade no lugar.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...