InicioSucesosUn home é detido tras agredir e insultar á súa parella en...

Un home é detido tras agredir e insultar á súa parella en presenza do seu fillo na rúa Pizarro

O agresor, A.A.B. de 47 anos de idade, foi detido na madrugada deste pasado mércores tras propinarlle un empuxón e lanzar un cadro contra a súa muller.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home, A.A.B. de 47 anos de idade, foi detido na madrugada deste pasado mércores en Vigo tras agredir e insultar á súa parella en presenza do seu fillo menor de idade.

Tal como informou a Policía Local, os feitos ocorreron minutos antes das 00.30 horas, cando os axentes foron requiridos nun domicilio da rúa Pizarro, onde se escoitaba unha forte discusión de parella e un menor pedía auxilio.

Unha vez no lugar, os funcionarios localizaron á muller en estado de ‘shock’ acompañada de varios veciños na entrada da vivenda. Ao non ser capaz de falar nin interactuar cos policías, estes solicitaron a asistencia dos servizos sanitarios para que a atendesen no punto.

Unha vez acougada, manifestou que no medio dunha discusión coa súa actual parella, este incrementou a súa agresividade, primeiro a través de insultos graves e logo propinándolle un empuxón. Todo iso en presenza do seu fillo menor, que se interpuxo entre os adultos para protexer á súa nai.

“O presunto autor dos feitos descritos chegou mesmo a descolgar un cadro e lanzalo contra ambos, continuando con insultos agora dirixidos tamén ao menor. Posteriormente o individuo abandonou o domicilio durante uns minutos, regresando momentos despois e comezando a golpear de novo con patadas e puñadas o mobiliario da vivenda, polo que a muller e o seu fillo pediron auxilio ata a chegada dos axentes”, recolle a Policía Local.

Por iso, deuse aviso para a procura do home, que foi localizado na rúa Couto San Honorato, sendo detido como presunto autor dun delito de violencia de xénero.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...