InicioVigo e contornaVigoConvocadas tres xornadas de folga en Vitrasa para o venres 28...

Convocadas tres xornadas de folga en Vitrasa para o venres 28 de xullo e a fin de semana do Marisquiño

A compañía volveu a cargar contra o comité, asegurando que estas folgas o que buscan é "prexudicar á cidadanía de Vigo en datas sinaladas".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O comité de empresa de Vitrasa, a concesionaria do transporte urbano do Concello de Vigo, convocou tres novas xornadas de folga, que levarán a cabo este venres, día 28 de xullo, e o sábado e domingo 12 e 13 de agosto, coincidindo co festival do Marisquiño.

Así mesmo, este xoves, 27, están convocados paros parciais nas franxas horarias de 00,00 a 01,30 horas e de 19,30 horas a 21,00 horas. Todo iso para tratar de forzar á compañía a negociar un novo convenio colectivo, xa que o anterior caducou a finais de 2020.

Con todo, nun comunicado, a compañía volveu a cargar contra o comité, asegurando que estas folgas o que buscan é “prexudicar á cidadanía de Vigo en datas sinaladas”.

En concreto, en relación ao próximo venres, Vitrasa halamentado que esta folga, que arrinca ás 00,00 horas, “imposibilidade que se poida organizar unha operativa especial de lanzadeiras ao finalizar o concerto de Castrelos”, onde actúa Alejandro Sanz o xoves á noite.

“Con esta decisión, o comité obriga a deixar á cidadanía sen un servizo que vén facendo nos anteriores concertos celebrados este e os pasados anos do que se benefician miles de persoas”, criticou Vitrasa, que incide en que as folgas seguen prexudicando a recuperación de viaxeiros e, por tanto, “a posibilidade de alcanzar unha mellor situación económica necesaria para manter calquera negociación”.

A firma tamén lamentou as xornadas de folga do fin de semana do 12 e 13 de agosto, durante o festival do Marisquiño, ao cal acoden unhas 180.000 persoas. Ademais, este ano o Concello decidiu mover gran parte dos espectáculos aos parking da praia de Samil, obrigando a moitos a desprazarse desde o centro en transporte urbano, que estará en folga.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...