InicioSociedadeSatse denuncia que o Chuvi mantén "a conciencia" a "inestabilidade laboral" das...

Satse denuncia que o Chuvi mantén “a conciencia” a “inestabilidade laboral” das enfermeiras

Pola súa banda, a Xunta puxo en valor os procesos de estabilización

PUBLICADO O

- Advertisement -

O sindicato de enfermaría Satse denunciou este mércores que a xerencia do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) “mantén, a conciencia, a inestabilidade laboral das súas enfermeiras e fisioterapeutas con contratos precarios”.

Nun comunicado, a organización sindical criticou que se estean cubrindo baixas de incapacidade temporal a través dos contratos denominados “acúmulo de tarefas”, que implica que o vínculo para o profesional substituto sexa da duración que decide recursos humanos do hospital e non a continuidade que ten un contrato de substitución, “que debería ser o contrato a realizar por unha baixa”.

“Este tipo de baixas deben cubrirse de forma nominal, unha enfermeira substitúe a outra determinada durante todo o tempo que dure a baixa. Pero nunca utilizando os acúmulos de tarefas, que se crearon para outro tipo de situacións”, lamentou Satse.

Para o sindicato, esta “mala práctica” ten consecuencias na seguridade do paciente, porque non se mantén a continuidade dos coidados enfermeiros e de fisioterapia. Tamén repercute, ao seu xuízo, nas propias compañeiras, polo tempo que dedican a explicar ás substitutas como se traballa en cada unidade.

PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN

Precisamente sobre esta situación foi preguntado o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, quen puxo en valor os procesos de estabilización de enfermeiras levados a cabo pola Xunta nos últimos meses, aos que se apuntaron máis de 11.000 profesionais.

Ademais, segundo lembrou Comesaña en declaracións aos medios antes de acudir en Vigo ao acto de presentación do novo Proceso Asistencial Integrado da Enfermidade Pulmonar Obstructiva Crónica (EPOC), asinouse cos sindicatos unha mellora das condicións laborais das enfermeiras e outros colectivos da sanidade galega.

A pesar diso, recoñeceu que no ámbito sanitario sempre hai “unha pequena porcentaxe” de eventualidades, froito dos días de permiso, das vacacións e doutras situacións, xa que en moitos casos é necesario substituír ao 100% dos profesionais que está de días libres, polo que hai que ter temporais para iso.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...