InicioSociedadeCarlos Botana reafirma a aposta polo 'crecemento azul' na súa toma de...

Carlos Botana reafirma a aposta polo ‘crecemento azul’ na súa toma de posesión como presidente do Porto de Vigo

Alfonso Rueda destaca o seu perfil como idóneo para impulsar competitividade e capacidade loxística da terminal

PUBLICADO O

- Advertisement -

Carlos Botana Lagarón tomou posesión este venres do seu cargo como presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, nun acto no que reafirmou a aposta do organismo polo ‘crecemento azul’ e no que ofreceu “escoita activa” aos axentes e institucións vinculadas coa actividade portuaria. A toma de posesión, na que participaron o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente de Portos do Estado, Álvaro Dapena, entre outras autoridades, celebrouse na Estación Marítima ‘Alberto Durán’.

Tras asumir o seu cargo, Botana Lagarón sinalou que esta “nova etapa” estará marcada polo diálogo e a procura de consenso, para traballar en solucións innovadoras que permitan crear “o porto do futuro”. “Todos sodes claves, e sen vós este porto do presente e o futuro non sería posible”, subliñou, dirixíndose aos membros da comunidade portuaria.

O novo presidente do Porto puxo en valor o potencial da terminal viguesa no ámbito pesqueiro, e tamén a presenza dun sector naval “con ampla experiencia e grandes oportunidades coa transición enerxética”. Así mesmo, fixo referencia ao compromiso do Porto coa preservación do medio mariño.

“APOSTA VALENTE”

Pola súa banda, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou o perfil de Botana para asumir o temón do Porto olívico, un perfil ideal para impulsar a competitividade da terminal e a súa capacidade loxística. No acto de toma de posesión, o presidente galego proclamou que “é unha aposta valente encabezar unha organización da que formou parte, da que coñece todo, as fortalezas e debilidades”.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...