InicioVigo e contornaVigoProposta de Caballero para manter as mesmas dedicacións de concelleiras e de...

Proposta de Caballero para manter as mesmas dedicacións de concelleiras e de mocións a pesar dos cambios nos grupos

O BNG denunciou a pretensión de Abel Caballero de "impor o rodete antidemocrático" coas súas propostas para o pleno de organización, e criticou que pretenda que o PSOE "monopolice" 12 das 13,5 dedicacións retribuídas na Corporación.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo proporá, no pleno de organización que se celebrará o vindeiro luns, manter o mesmo repartición de dedicacións exclusivas e parciais, e o mesmo número de mocións de control, a pesar dos cambios na Corporación tras as últimas eleccións municipais: o PSOE perdeu un concelleiro, o PP gañou un edil e o BNG pasou dun a tres representantes (a Marea quedou fóra do Concello).

Así, desde a Alcaldía trasladouse aos grupos a súa proposta para que o grupo socialista conte con 11 dedicacións exclusivas (incluída a do propio rexedor) e dous parciais; o PP unha dedicación exclusiva e o BNG unha dedicación parcial (o mesmo que tiña a Marea, con dous concelleiros).

Por outra banda, no pleno deste luns tamén se someterá a votación as retribucións do alcalde (72.840,74 euros) e dos concelleiros (62.700,82 euros a dedicación exclusiva e 43.295,16 euros a dedicación parcial de 26 horas).

Outro dos puntos que se abordará é a dotación económica da que disporá cada grupo municipal para outros gastos, e que se propón en función do número de concelleiros (máis unha cantidade fixa): 67.894,55 euros para o grupo socialista, 19.972,25 euros para o PP, e 11.983,35 euros para o BNG.

Ademais, desde a Alcaldía propúxose que se manteña un número máximo de 5 mocións de control por pleno para o grupo socialista, unha moción para o PP e outra para o BNG.

CRÍTICAS DO BNG

O BNG denunciou a pretensión de Abel Caballero de “impor o rodete antidemocrático” coas súas propostas para o pleno de organización, e criticou que pretenda que o PSOE “monopolice” 12 das 13,5 dedicacións retribuídas na Corporación.

O portavoz nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, tamén criticou que non se asignou a repartición de persoal de apoio dos grupos (algo que, segundo o goberno local, non é competencia do pleno) nin designase os compoñentes do Consello da Xerencia de Urbanismo nin doutros órganos municipais.

Tras advertir de que o PSOE non tivo “a máis mínima intención de dialogar” para garantir “uns mínimos democráticos” no Concello, Pérez Igrexas anunciou catro votos particulares do BNG para “emendar esta chapuza”.

O edil nacionalista, que pediu unha “representación proporcional e plurarl”, tamén lembrou que, ata agora, non se coñece como se asignará o persoal eventual e de confianza (a Alcaldía propuxo a adscrición de 20 persoas para este departamento), e denunciou que o goberno “volve incumprir o regulamento orgánico do pleno” ao non constituír a Comisión de Vixilancia da Contratación. “Unha comisión cuxo obxectivo é combater con maior eficacia calquera tentativa de enchufismo ou práctica irregular”, sinalou Pérez Igrexas, que preguntou: “Que é o que quere esconder Abel Caballero?“.

O BNG contaba no anterior mandato municipal (2019-23) cun só concelleiro, e non dispuña de dedicacións nin totais nin parciais, nin tampouco asignación económica; de feito, Pérez Igrexas figuraba cmo concelleiro non adscrito. Para o actual mandato, con tres concelleiros, o alcalde propón que o BNG teña unha dedicación parcial, a mesma que tiña a Marea con dous edís.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...