InicioEconomíaAs patronais do metal piden que se desconvoque a folga para "retomar...

As patronais do metal piden que se desconvoque a folga para “retomar a normalidade” na negociación do convenio

A SUP pide que se impute aos manifestantes violentos un delito de homicidio en grado de tentativa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As tres patronais do convenio do metal de Pontevedra (Asime, Atra e Instalectra) esixiron aos sindicatos que poñan fin á convocatoria de folga para “retomar a normalidade” na negociación do novo convenio colectivo.

Nun comunicado conxunto, a parte empresarial insistiu na importancia de “acabar coa violencia e as agresións que están a impedir unha negociación efectiva en condicións de normalidade e sen coaccións”. Ao seu xuízo, as negociacións “nunca se romperon”, xa que o pasado luns foron os empresarios os que convocaron a última reunión que durou máis de seis horas e na que se “achegaron posturas” porque a parte empresarial fixo o “máximo esforzo” para que isto ocorrese.

O obxectivo era evitar os dous días de folga da semana pasada. Algo que, segundo lamentan, non ocorreu, sospeitando que “a decisión estaba adoptada de antemán e o tres centrais sindicais (CIG, UGT e CC.OO.) querían ir si ou si a esa folga e provocar o tremendo dano que se causou ao sector e ao conxunto da economía e traballadores galegos”, en relación aos incidentes nas inmediacións do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) durante a celebración da feira Mindtech do sector do metal e tecnoloxías asociadas.

A parte empresarial nunca se levantou da mesa de negociación, pero é necesario un cambio de actitude pola parte sindical, xa que vivimos actos extremadamente violentos que non teñen lexitimidade nin xustificación posible. Pola nosa banda estamos dispostos a continuar na mesa, pero as coaccións e ameazas non fan posible un diálogo efectivo para buscar un acordo”, engadiron os empresarios.

“ACTOS IRRACIONAIS”

Postura similar defendeu a Confederación Española da Policía (CEP) que, nun comunicado, condenou os “actos violentos” cara aos axentes na folga do metal por ser, ao seu xuízo, “inconcibibles e de xeito evidente irracionais”.

Por iso, solicitou á Fiscalía e á Avogacía do Estado que se impute aos manifestantes violentos de homicidio en grao de tentativa e de atentado a axente da autoridade “ao pór en serio perigo a vida dos axentes”.

Ademais, criticaron as palabras dos deputados de Unidas Podemos Enrique Santiago Romero e Antón Gómez Reino, que pediron ao Goberno que conteña á Policía Nacional para garantir o dereito á folga, pero “nada din estes señores dos policías feridos e do perigoso material que atenta contra a vida dos axentes”.

Todo iso no marco do conflito do sector do metal, despois de que os sindicatos levasen a cabo xa tres xornadas de folga e se convocaran outros tres. A próxima desenvolverase precisamente este mércores, día 28 de xuño, con manifestacións en distintas cidades da provincia de Pontevedra.

ÚLTIMAS

Caballero chama “mentireiro” a Louzán, ao que acusa de “insultar” a Vigo: “Perdeu a Deputación e non o soporta”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, respondeu este martes ás declaracións do presidente da Real Federación...

A alcaldesa de Redondela está “tranquila” e ofrece ao BNG formar parte do seu goberno

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, asumiu con "respecto e tranquilidade" a perda da...

Un acusado de violar a unha moza en Vigo asegura que mantivo relacións consentidas previas pero nega a agresión

Un acusado de violar a unha moza en setembro de 2021 en Vigo asegurou que...

Louzán desvincúlase da exclusión de Vigo das cidades sede do Mundial 2030

O presidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), Rafael Louzán, desvinculouse este martes...