InicioPolíticaO PP asume a alcaldía da Guarda, en mans socialistas desde 2007,...

O PP asume a alcaldía da Guarda, en mans socialistas desde 2007, ao non sumar votos suficientes a esquerda

PUBLICADO O

- Advertisement -

O candidato do PP, o avogado Roberto Álvarez Carrero, foi investido este sábado alcalde da Guarda, como cabeza da lista máis votada, ao non ser posible un acordo de maioría absoluta pola esquerda.

Así, na sesión plenaria extraordinaria, cada un dos grupos votou ao seu candidato, de maneira que a lista máis votada nas municipais, o PP con 9 concelleiros (de 17 posibles), alzouse coa alcaldía.

Nos pasados comicios do 28 de maio, o PP quedou a un edil da maioría absoluta, ao pasar de 6 a 8 concelleiros; mentres que o BNG mantivo 5 e o PSOE baixou de 5 a 3. Así mesmo, Celso Rodríguez Fariñas, candidato por Espazo Común (aínda que veterano na corporación con distintos partidos), obtivo unha acta.

Neste escenario, unha investidura dun alcalde ou alcaldesa de esquerdas pasaba polo que fixese Espazo Común, pero o BNG xa adiantou que non chegaría nunca a ningún acordo con Rodríguez Fariñas, un “individuo afeito ás canalladas” e que “non ten credibilidade para negociar”.

Por iso, o resultado do pleno do sábado foi o esperado: gobernará, en minoría, a lista máis votada, a do PP, que recupera a alcaldía da Guarda, en mans socialistas desde 2007.

ÚLTIMAS

Polo menos un detido nun operativo policial con rexistros en Vigo e Cangas vinculados a un suposto secuestro

Axentes da Garda Civil detiveron a unha persoa nun operativo desenvolvido nas últimas horas, coordinado polo xulgado...

Reunión entre sindicatos e Stellantis este luns para tratar de “desbloquear” o cobro do bono de beneficios

A dirección de Stellantis Vigo e sindicatos reuniranse este luns nun encontro extraordinario da...

O AVE chegará “antes do 2032” á fronteira con Portugal

O comisionado do Corredor Atlántico, José Antonio Sebastián Ruiz, asegurou que o AVE chegará...

“O feminismo muda a historia’, lema da mobilización de Resposta Feminista para este 8M en Vigo

A plataforma Resposta Feminista presentou este xoves en Vigo a mobilización que levarán a cabo o sábado...