InicioSociedadeCondenado a cárcere o perruqueiro que agrediu sexualmente a dous menores en...

Condenado a cárcere o perruqueiro que agrediu sexualmente a dous menores en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O perruqueiro de orixe venezolana xulgado en Vigo como presunto autor de dúas agresións sexuais a senllos menores foi condenado a un total de 16 anos de prisión, nunha sentenza que se coñeceu nas últimas horas (aínda que é de febreiro) e que foi recorrida polo seu defensa.

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra considera probado que o acusado, J.A.H.F., que traballaba como perruqueiro a domicilio, agrediu sexualmente a dous mozos menores de 16 anos. O primeiro episodio tivo lugar no seu domicilio, o 16 de novembro de 2020, cando forzou a un neno a manter relacións sexuais completas, aínda sabendo que tiña infección por VIH e do risco que iso comportaba para o menor.

Como consecuencia destes feitos, o neno contaxiouse dunha enfermidade de transmisión sexual (unha gonorrea que foi tratada con antibióticos e cunha vacina contra o virus do papiloma humano) e sufriu danos psíquicos e tensión postraumática. A vítima tivo problemas de irritabilidade, ansiedade e perdeu un curso académico.

A outra agresión produciuse uns días máis tarde, tamén na vivenda do acusado, na que realizou tocamentos a outro menor co que quedara, coa escusa de porlle unha loción no cabelo. Neste caso, non quedaron acreditadas lesións.

Por estes feitos, o tribunal provincial condenou ao acusado a penas que suman 16 anos de prisión, multa de 1.080 euros, e liberdade vixiada por 12 anos, por dous delitos de agresión sexual sobre menor de 16 anos e un de lesións. Ademais, deberá indemnizar en máis de 27.000 euros ao primeiro mozo, e en 2.000 euros ao segundo, e tamén ao Sergas, en 2.265 euros, polos gastos derivados de asistencia sanitaria.

ÚLTIMAS

Home de 50 anos afúndese na Punta da Foz en Baiona

Un home de arredor de 50 anos, natural de Ourense, sufriu este domingo un...

Detido en Vigo un home por agredir a súa nai cun garfo tras unha discusión por un bote de perexil

A Policía Local de Vigo detivo este domingo a un home de 29 anos...

Xulgan en Vigo un home acusado de estafar máis de 158.000 dólares na compra de produtos do mar

A Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará este...

Anulan unha cláusula chan nunha hipoteca de 2005 por falta de transparencia

O Xulgado de Primeira Instancia de Vigo declarou nula unha cláusula chan incluída nun...