InicioSociedadeO Goberno confirma o asasinato de Oia como violencia de xénero

O Goberno confirma o asasinato de Oia como violencia de xénero

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero confirmou como violencia de xénero o asasinato este sábado dunha muller na localidade pontevedresa de Oia, o que supón a vítima 21 no que vai de ano por violencia machista en España e a 1.205 desde que se iniciaron os rexistros en 2003.

En Galicia, este é o segundo crime machista ocorrido este ano tras o asasinato dunha muller en Baiona o pasado mes de febreiro polo que foi detida a súa exparella. A vítima mortal, Ana Vanessa Serén, de 44 anos, foi asasinada as portas do cámping no que traballaba presuntamente a mans da súa expareja, un garda civil que horas despois dos feitos suicidouse ao verse acurralado por axentes do Instituto Armado nun monte próximo ao lugar do crime.

Tras confirmarse como un caso de violencia de xénero, a Delegación do Goberno en Galicia convocou un minuto de silencio, ás 12,00 horas, ante a sede da institución, na Coruña. A Xunta tamén acollerá un minuto de silencio en repulsa por este crime ás 12,00 horas na sede da administración autonómica en San Caetano, en Santiago de Compostela. Ademais, están previstas concentracións e minutos de silencio de repulsa por toda a xeografía galega ao longo do día.

ÚLTIMAS

Vigo, epicentro dunha folga xeral con numerosas mobilizacións en toda Galicia

Os traballadores galegos están convocados este mércores 11 de novembro a secundar unha folga...

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cunha experiencia inmersiva gratuíta e “única”: así será a nova atracción do centro da cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que Disney+ instalará na rúa Policarpo Sanz...

O PP de Vigo acusa a Caballero de “vetar” un aumento da partida de vivenda

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, acusou o alcalde, Abel Caballero, de...

Acepta 10 meses de prisión por insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo por dicir que “ía nunha patera”

Un home acusado dun delito contra os dereitos fundamentais e contra a integridade moral...