InicioCulturaPoesía e videoxogos únense en Cangas este sábado

Poesía e videoxogos únense en Cangas este sábado

Nesta xornada exploraranse os límites entre a creación literaria e o universo dos videoxogos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Consello da Cultura Galega e o Museo do Videoxogo unen a poesía con este tipo de xogos nunha xornada que se celebrará este sábado en Cangas (Pontevedra), a partir das 16:30 horas, baixo o título ‘Hai un poema non teu videoxogo’. A cita está coordinada por Carmen García Mateo e Carlos Pereiro, que aseguraron que “buscan unir os dous mundos que parecen afastados pero que non o están tanto”.

Ademais, os poetas Pablo Rodríguez e Branca Trigo ofrecerán unha “innovadora actividade” na que haberá xogos en ‘streaming‘, poesía, audiovisual e moita experimentación. “Pensabamos que era interesante que a lírica galega estivese tamén presente no mundo dos videoxogos e pensabamos nunha proposta que achegase estes dous universos”, explicou Pereiro.

Desta forma, indicou que “é algo inédito” co que buscan novas formas de fusión de puntos que pensan que “se poden atopar”. “Estamos moi acostumados a ver debuxos, ilustracións de xente que as fai a partir de videoxogos, pero non poemas que falen das consolas e dos videoxogos, que son tan populares como os microondas”, asegurou Pereiro.

Como peche de xornada farán a entrega dos premios do reto FaIAI, promocionado por Balidea e a Univesidade de Vigo, na procura de voces en lingua galega coas que levar a cabo proxectos de intelixencia artificial.

ÚLTIMAS

A Policía Local localiza en Salceda un veciño do Porriño desaparecido desde o xoves

A Policía Local de Salceda de Caselas localizou na tarde deste venres a Vicente...

Conxemar reúne en Vigo expertos internacionais para abordar os retos da pesca antes da apertura da feira

Vigo converterase desde este luns nun dos puntos de encontro internacionais do sector pesqueiro...

Estudantes da UVigo levan ao espazo un experimento para probar cámaras e sensores de radiación

Estudantes da Universidade de Vigo integrados na asociación UVigo SpaceLab conseguiron poñer en órbita o experimento CORTIS, unha...

Unha explosión durante unha voadura nunha canteira do Porriño deixa catro traballadores feridos, un deles grave

Catro traballadores resultaron feridos, un deles de gravidade, nunha explosión rexistrada este venres nunha...