InicioSucesosA perda da SIM do teléfono de Déborah impide obter datos a...

A perda da SIM do teléfono de Déborah impide obter datos a pesar das probas con réplicas

Según expertos quedan poucas probas por facer pero lamentan que o máis probable é que non se avance nada.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A desaparición da tarxeta SIM orixinal do teléfono de Déborah Fernández-Cervera converteuse nun obstáculo practicamente insalvable á hora de tentar obter información do teléfono da moza, un móbil que foi entregado á Policía en 2006 e que estivo en paradoiro descoñecido ata que en setembro de 2022 foi atopado de forma fortuíta durante a realización dunhas obras en dependencias policiais de Madrid.

Segundo explicaron peritos de Lazarus, a empresa, que está a tentar buscar a fórmula para obter algunha información do terminal, as probas realizadas ata agora con tres réplicas do teléfono de Déborah (tres teléfonos idénticos ao da moza e que foron adquiridos en lugares tan remotos como Acerbaixán ou Singapura) non deron resultados.

Respecto diso, o experto Manuel Huerta sinalou que ese modelo de móbil é “limitadísimo” e que non conseguiron que “devolva datos” nas probas que están a facer. Así mesmo, lembrou que este tipo de teléfonos gardaban a maior parte de datos, por exemplo os contactos, na SIM que, no caso de Déborah “está desaparecida”.

A idea era obter información como chamadas entrantes e saíntes, mensaxes ou datos de xeolocalización (pola conexión coas antenas). Tras meses de probas, Manuel Huerta recoñeceu que non se obtiveron resultados: “Queda algunha proba por facer pero o máis probable é que non merezan a pena”.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...