InicioAdxudicadas as obras da nova pasarela na contorna do colexio Apóstolo de...

Adxudicadas as obras da nova pasarela na contorna do colexio Apóstolo de Soutomaior por case 400.000 euros

A nova pasarela será de plástico reciclado, cunha anchura de paso libre de dous metros, nos que se incluirán os correspondentes elementos de protección lateral, que terán unha altura de 1,1 metros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia adxudicou por algo máis de 395.000 euros a execución das obras da nova pasarela peonil na estrada autonómica PO-244, situada na contorna do colexio Santiago Apóstolo, no concello pontevedrés de Soutomaior.

Tal como informou o Goberno galego, será Construcións e Obras Taboada Ramos a encargada de levar a cabo os traballos, que se iniciarán no verán para que estean terminados no primeiro trimestre de 2024, xa que contan cun prazo de seis meses.

Este contrato pretende a reposición da pasarela de madeira situada na marxe dereita desta estrada, no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 12+300 e 12+480. Actuarase no tramo destinado a circulación peonil, formado por unha pasarela de madeira sobre pilotes do mesmo material.

A nova pasarela será de plástico reciclado, cunha anchura de paso libre de dous metros, nos que se incluirán os correspondentes elementos de protección lateral, que terán unha altura de 1,1 metros.

Todo iso debido a que na actualidade o conxunto de madeira atópase “bastante deteriorado”, polo que se considera necesaria a súa substitución, de maneira que se garanta a seguridade dos cidadáns.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...