InicioOs falecidos en Domus Vi Aldán foron homenaxeados este sábado no "Bosque...

Os falecidos en Domus Vi Aldán foron homenaxeados este sábado no “Bosque da Memoria”

O acto foi o sábado dia 20, en Beluso-Bueu, nun terreo da Comunidade de Montes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Integrantes da asociación Vellez Digna xuntáronse este sábado no “Bosque da Memoria” plantado en Beluso, en lembranza dos falecidos polo COVID na residencia de Domus Vi de Aldán. A reunión serviu para coidar as árbores plantadas hai un ano ademais de reivindicar e demandar “unha xustiza, que non acaba de chegar, de lembrar a toda a sociedade, políticos e xuíces, que non esquecemos o ocorrido”.

Nun comunicado, Vellez Digna reclaman xustiza pois consideran “que as mortes masivas que se produciron nunhas residencias moi concretas, ocorreron polo mal funcionamento das mesmas”. En concreto eran as máis denunciadas antes da COVID “e foron logo foron as máis mortais, lembremos que nas residencias so vive un 3% da poboación maior e dependente e que asumiron a metade das mortes dese rango de idade“. A outra metade está entre o 97 % que vive fóra delas, “está claro que algo pasou, que algo se fixo moi mal”. Consideran que a administración é a responsable do acontecido, pois estivo anos desatendendo as denuncias e permitiu que as residencias actuasen sen control.

Recalcan que a xustiza nunca actuou e que segue sen actuar, “negándose a realizar sequera practica de probas ou a máis mínima investigación, pechando os casos por sistema e deixando aos familiares e aos milleiros de falecidos sen xustiza“. Denuncian que os responsables seguen enriquecéndose a conta dos maiores e dependentes

O acto foi o sábado dia 20, en Beluso-Bueu, nun terreo da Comunidade de Montes. “En Aldán, a falla de cifras oficialmente recoñecidas, cando menos 38 familias perderon unha nai, pai, avó, avoa deixando feridas imposibles de pechar”.

Con esta acción buscan que o Bosque da Memoria sexa un monumento vivo que medre, “e que evite, así pasen os anos, que a memoria dos homenaxeados se esvaeza”. Desde Vellez Digna agradecen a todos os asistentes a súa presenza nesta homenaxe, “e tamén a todos aqueles que durante estes tres anos nos prestaron apoio, emocional e presencial, nas nosas reivindicacións de xustiza e desagravio“.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...