InicioSociedadeIceta garante a Biblioteca do Estado en Vigo porque é "unha débeda"...

Iceta garante a Biblioteca do Estado en Vigo porque é “unha débeda” coa cidade, pero admite: “Non vai ser mañá”

Prevé licitar o proxecto este ano e as obras o ano que vén, e subliña que debe ser "un templo da cultura"

PUBLICADO O

- Advertisement -

O ministro de Cultura, Miquel Iceta, mantivo este venres un encontro co alcalde de Vigo, Abel Caballero, tras o que garantiu que o Goberno construirá a Biblioteca do Estado na cidade, porque é unha “débeda” pendente, aínda que advertiu: “Non vai ser mañá”.

Nunha rolda de prensa posterior á breve reunión, Iceta recoñeceu que “se entende mal que unha cidade como Vigo non goce deste equipamento”, e asegurou que a construción desta infraestrutura é “un compromiso que se foi retomando, e que merece a pena culminar”.

Respecto diso, valorou que o Concello “fixo os seus deberes”, tramitando a recualificación do chan, e que tanto o goberno local como a propia cidade son “esixentes”, polo que a Biblioteca do Estado, proxectada nunha parcela detrás dos antigos xulgados, ha de ser “un templo da cultura”. “Había unha débeda contraída con Vigo e hai que pagar as débedas”, subliñou.

Preguntado acerca de prazos e orzamentos, o ministro de Cultura recoñeceu que “non hai un orzamento pechado”, posto que este fixarase a partir do proxecto. “Hai que dicilo, non vai ser mañá”, sinalou con respecto aos prazos, e aventurou que a idea é licitar o proxecto antes de que acabe este ano, e licitar as obras o ano que vén, coa previsión de que se executen “en 2 ou 3 anos”.

O que si garantiu Iceta é que o proxecto (que contaba nos Orzamentos Xerais do Estado de 2023 cunha partida de 100.000 euros, máis outros 9,3 millóns nos exercicios seguintes, ata 2026) non se verá afectado se hai cambio de Goberno, porque “é un compromiso do Estado non do Goberno”.

RECUALIFICACIÓN DO CHAN

Pola súa banda, o alcalde da cidade olívica, Abel Caballero, agradeceu “infinito” o “aval” que Miquel Iceta deu á Biblioteca do Estado, así como o apoio do resto de ministros de Cultura socialistas. Ademais, reiterou os seus criticas á Xunta porque, segundo volveu a denunciar, o conselleiro Román Rodríguez foi a Madrid a verse co ministro Guirao en 2018 para dicirlle “que non a fixese”.

Segundo explicou o rexedor, o Concello está en pleno trámite para completar a recualificación urbanística do chan. Así, o Plan Especial de Infraestruturas xa foi aprobado inicialmente e atópase en período de exposición pública, coa previsión de que sexa aprobado definitivamente cara a finais de xuño e remitido ao Ministerio de Cultura en setembro.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá o Congreso Internacional de Enxeñaría Naval en 2027

A 66ª edición do Congreso Internacional de Enxeñaría Naval celebrarase en Vigo en 2027,...

Deteñen un mozo de 22 anos con catro ordes de procura

A Policía Local de Vigo detivo este pasado xoves a un mozo, de 22...

O BNG chama a manifestarse o 30 de maio en Vigo ante a presenza dos reis polo desfile das forzas armadas

O BNG presentou este venres na súa sede comarcal de Ferrol a campaña 'Na...

A EFCA incrementa preto dun 5% as súas inspeccións en 2025, con 5.000 infraccións

A Axencia Europea de Control da Pesca (EFCA, polas súas siglas en inglés), con...