InicioCulturaVigo acolle o único concerto en Galicia de Mercury Rev

Vigo acolle o único concerto en Galicia de Mercury Rev

Será este martes 18 de setembro, ás 22.00 h, dentro do Ciclo Galicia Importa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Vigo albergará o único concerto de Mercury Rev en Galicia, incluído no Ciclo Galicia Importa. Un evento que está patrocinado por Afundación, a Obra Social de ABANCA,  e que terá lugar no seu Teatro Afundación de Vigo. A actuación terá lugar este martes, a partir das 22.00 horas, e as entradas pódense adquirir na web Ataquilla.com.

A mítica banda de Nova York celebra o vixésimo aniversario de todo un clásico como Deserter’s songs cunha serie de concertos especiais en formato acústico nos que repasarán o seu emblemático disco xunto a outras cancións da súa traxectoria, e que en Galicia se fará dentro do Ciclo Galicia Importa.

Segundo explica a propia banda, “nesta xira especial recuperaranse moitas das historias e as cancións que envolven o noso álbum de 1998, interpretadas da maneira en que foron orixinalmente compostas. Isto promete ser unha extraordinaria ollada ás forzas que case destruíron a banda e aos estraños acontecementos que nos conduciron a un inesperado regreso”.

ÚLTIMAS

Vigo, epicentro dunha folga xeral con numerosas mobilizacións en toda Galicia

Os traballadores galegos están convocados este mércores 11 de novembro a secundar unha folga...

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cunha experiencia inmersiva gratuíta e “única”: así será a nova atracción do centro da cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que Disney+ instalará na rúa Policarpo Sanz...

O PP de Vigo acusa a Caballero de “vetar” un aumento da partida de vivenda

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, acusou o alcalde, Abel Caballero, de...

Acepta 10 meses de prisión por insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo por dicir que “ía nunha patera”

Un home acusado dun delito contra os dereitos fundamentais e contra a integridade moral...