InicioPolíticaPodemos 28M- Podemos-Marea de Vigo pide ao Concello "que se poña ao...

Podemos 28M- Podemos-Marea de Vigo pide ao Concello “que se poña ao lado das familias do Villa de Pitanxo”

O cafeza de lista de Podemos-Marea de Vigo, Rubén Pérez, fixo estas manifestacións no barrio do Calvario, un polo de poboación migrante, "poboación que tamén traballa no sector do mar".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A coalición Podemos-Marea de Vigo reclamaron este venres ao Concello olívico “que se poña ao lado das familias do Villa de Pitanxo, ante a neglixente xestión do Ministerio” con respecto á saída do buque Ártabro, que realizará a inspección do pecio en augas de Terranova.

A cabeza de lista de Podemos-Marea de Vigo, Rubén Pérez, fixo estas manifestacións durante unha repartición de propaganda electoral no barrio do Calvario, un polo de atracción de poboación migrante, “poboación que tamén traballa no sector do mar”.

O candidato lembrou que as familias dos 21 falecidos levan “meses” esixindo un proceso rigoroso de investigación por parte dos xulgados para saber “que ocorreu realmente o día do naufraxio”.

Rubén Pérez sinalou que a investigación deste sinistro e a depuración de responsabilidades “tamén é unha cuestión de cidade”, xa que moitos vigueses son “familiares, amigos, parellas ou compañeiros do sector”.

Tras censurar que o Ártabro partise sen peritos designados polas familias, advertiu de que “se introduce unha perigosa posibilidade de que a defensa da empresa armadora “poida tentar invalidar a expedición ou o contido de todas as actuacións”.

“O goberno municipal e toda a cidade temos que defender un sector laboral do mar seguro, con dereitos. E se isto ten que derivar nunha causa xeral contra todo o sector de arrastre e contra os armadores que non cumpren a lexislación, ou contra as prácticas laborais abusivas (…), esas actuacións terán todo o apoio da coalición”, recalcou.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...