InicioCulturaCuestionan a legalidade do contrato de patrocinio do Concello de Vigo para...

Cuestionan a legalidade do contrato de patrocinio do Concello de Vigo para o concerto de Guns N’ Roses

Falan da "imposibilidade" de materializar a contratación dun artista internacional nos 15 días habilitados polo Concello, "a non ser que as negociacións xa estivesen avanzadas previamente".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación de Empresas Galegas Musicais (AGEM), formada por máis de 40 empresas da industria musical galega, trasladou o seu malestar polo procedemento aberto polo Concello de Vigo para licitar un contrato de patrocinio do concerto de Guns N’ Roses que se celebrará no estadio de Balaídos o próximo 12 de xuño, por máis de 1,5 millóns de euros.

Esta entidade manifestou “fundadas sospeitas” de que o Concello de Vigo “articularía un procedemento preparado para garantir a contratación de Guns N’ Roses preservando a aparencia de legalidade a través do cumprimento dos principios de contratación do sector público”.

Esta sospeita dedúcese, explicou AGEM, “da contestación outorgada polo Concello á consulta desta asociación, onde o Concello se limitou a xustificar a elección do patrocinio publicitario como procedemento óptimo (…) sen realizar ningunha apreciación ao apercibimento que se lle fixo”.

Respecto diso, a Asociación explicou que, desde a súa experiencia, pode constatar a “imposibilidade” de materializar a contratación dun artista internacional nos 15 días habilitados polo Concello, “a non ser que as negociacións xa estivesen avanzadas previamente”, como é o caso do concerto de Guns N’ Roses, confirmado polos organizadores xa en febreiro. Concertos  internacionais que, por outra banda soen ser anunciados con anticipación, como é o caso dos que contratan outros concellos ou a Xunta para o Xacobeo.

Segundo AGEM, este contrato podería articularse “en fraude de lei” por pretender dotar de seguridade xurídica un procedemento aberto a unha subvención directa para un evento concreto, xerando unha “grave distorsión no marco colaborativo público-privado” para este tipo de actuacións.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...