InicioEconomíaO Goberno adxudica por 884.207 euros a redacción do estudo do saída...

O Goberno adxudica por 884.207 euros a redacción do estudo do saída sur ferroviaria de Vigo

s.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) adxudicou 884.207 euros á redacción do estudo informativo da saída ferroviaria sur de Vigo. O proxecto, da unión temporal de empresas UTE Prointec-Geoconsult, terá un prazo de execución de 18 meses.

Nun comunicado, o Mitma expresou que “a adxudicación supón un novo paso para potenciar as conexións ferroviarias entre España e Portugal, de acordo co compromiso referendado por ambos os países na XXXIV Cume Hispano-lusa, celebrada en Lanzarote o pasado mes de marzo. Neste caso concreto, avánzase na conexión de alta velocidade entre Vigo e O Porto”.

En concreto, o obxecto deste estudo informativo é desenvolver as alternativas de trazado para dar continuidade ao Eixo Atlántico de alta velocidade cara a Portugal. Con este fin, definirase unha nova configuración da Estación de Vigo-Urzáiz como pasante do traxecto e realizarase un novo tramo ferroviario que a conectará coa liña convencional en dirección cara a Tui. Isto permitirá a reordenación dos tráficos ferroviarios na contorna de Vigo.

Ademais, informou que o contrato inclúe a prestación de servizos de enxeñaría para a realización dos trámites de información pública e audiencia ás administracións, a análise de alegacións recibidas e a obtención da autorización ambiental, ata a aprobación definitiva do estudo.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...