InicioEconomíaA EFCA celebra o Día de Europa en Vigo entre críticas a...

A EFCA celebra o Día de Europa en Vigo entre críticas a políticas comunitarias como o veto á pesca de fondo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Axencia Europea de Control da Pesca (EFCA, polas súas siglas en inglés) celebrou este venres en Vigo o Día de Europa, que se conmemora cada 9 de maio en recordo á Declaración de Schuman, onde se propuxo a creación da Comunidade Europa do Carbón e do Aceiro, xerme da actual Unión Europea.

Ao acto, levado a cabo no Museo do Mar de Galicia, acudiron diferentes representantes das distintas administracións, como a directora executiva da EFCA, Susan Steele; o director xeral de Ordenación Pesqueira e Acuicultura, Juan Ignacio Gandarias; a conselleira do Mar, Rosa Quintana; a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, ou o alcalde olívico, Abel Caballero.

Nel puxéronse en valor as distintas políticas comunitarias postas en marcha para saír da pandemia e lamentouse a situación actual que vive o ‘Vello Continente’ debido á invasión de Ucraína por parte de Rusia. Tamén se criticaron iniciativas como a de vetar a pesca de fondo en augas europeas.  encargada de conducir a cerimonia foi a propia Steele, quen destacou o traballo levado a cabo polo seu equipo para o control da pesca comunitaria e agradeceu tanto ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, á Xunta de Galicia, á Deputación e ao Concello a súa colaboración.

Pola súa banda, Gandarias referiuse a a actual situación do sector pesqueiro, que vive “tempos complicados” co aumento dos custos e do prezo da enerxía, ademais das novas políticas impulsadas pola Comisión Europea, que repercuten en determinadas frotas. Precisamente sobre isto falou Rosa Quintana, quen ha volvo a pedir a Bruxelas que cambie de rumbo na xestión pesqueira e evite medidas como o veto a artes de fondo, “que xeran rexeitamento e euroescepticismo”.

ÚLTIMAS

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...