InicioSucesosSen hipóteses da morte do home desaparecido en Vigo hai 11 días

Sen hipóteses da morte do home desaparecido en Vigo hai 11 días

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un transeúnte localizou este mércores o cadáver dun veciño de Vigo, José Miguel Fernández Roldán, de 55 anos de idade, cuxa desaparición foi denunciada na Comisaría da cidade, despois de que a súa familia e achegados lle perderan a pista o pasado 29 de abril.

Segundo confirmaron fontes policiais, o achado produciuse nun escampado da rúa Vista ao Mar, na parroquia de Teis, e a súa identidade xa foi confirmada. O corpo foi trasladado a dependencias do Imelga para a realización da autopsia, e as mesmas fontes optaron por non expresar ningunha hipótese sobre as circunstancias do falecemento ou sobre se o corpo tiña signos de violencia, á espera de que se realicen os estudos pertinentes.

Tras a denuncia pola súa desaparición, a asociación SOS Desaparecidos emitiu unha alerta coa descrición deste vigués. Entre as características que achegaba, sinalaba que se trataba dunha “persoa vulnerable”.

ÚLTIMAS

Ana Pontón: “Vigo é a zona cero dos recortes e as privatizacións do PP”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, animou aos cidadáns a acudir o vindeiro domingo,...

Multa de 100 millons a Stellantis polo fraude no cártel de reciclaxe

Volkswagen, Stellantis e outros fabricantes de coches foron multados con 458 millóns de euros...

Rescatan, con axuda dunha empresa eléctrica, a dúas persoas atrapadas nunha vivenda que se incendiou en Vigo

Os equipos de emerxencia rescataron, grazas á axuda dunha empresa eléctrica que se atopaba...

Fiscalía pide absolución para os acusados de ocupar o edificio que ardeu en Vigo 2023

Fiscalía solicitou este martes a absolución da vintena de acusados pola suposta okupación do...