InicioMedio Ambiente e PatrimonioRescatan unha suricata con microchip de Portugal que deambulaba por Ponteareas

Rescatan unha suricata con microchip de Portugal que deambulaba por Ponteareas

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil e axentes ambientais da Xunta recuperaron o domingo un exemplar de suricata, que tiña un microchip posto en Portugal, que deambulaba polo municipio pontevedrés de Ponteareas.

Segundo informa o Instituto Armado, un cidadán avisou de que vira ao animal entrando e saíndo dunha leira do barrio de Abelleira, na parroquia de Angoares. Así, os axentes trasladáronse ata o lugar, comprobaron a veracidade do achado e informaron os propietarios do terreo.

Unha vez capturada, os actuantes comprobaron que a suricata estaba identificada mediante un microchip. Deste xeito, foi trasladada ao Centro de Recuperación de Fauna Salvaxe que a Xunta ten en Carballedo para realizarlle un control veterinario ata localizar aos seus donos.

Finalmente, comprobouse que o chip fora colocado en Portugal, polo que se solicitou a colaboración da Garda Nacional Republicana de Portugal para localizar ao seu responsable. O Seprona lembra que a lexislación española permite posuír unha suricata como mascota, xa que, a pesar de ser unha especie exótica, non está considerada como ameazada nin invasora. Iso si, é necesario ter un control sobre estes animais para evitar que se escapen e provoquen algún dano a especies autóctonas.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...