InicioSucesosQuerían converter Vigo nun gran centro de subministro de droga

Querían converter Vigo nun gran centro de subministro de droga

A organización de narcotraficantes desarticulada en Vigo quería establecer unha vía para introducir droga polo norte.

PUBLICADO O

A organización de narcotraficantes desarticulada en Vigo pretendía establecer unha vía de introdución de estupefacientes polo norte peninsular, aproveitándose das rutas comerciais de froita fresca con Sudamérica. Segundo informou a Policía Nacional, en total interviñéronse dúas toneladas de cocaína a esta organización criminal que operaba desde América Latina a través do Porto de Vigo.

A operación saldouse con oito detidos, catro deles na cidade de Vigo, á que se desprazaron desde o sur peninsular para dar seguridade ao traslado da sustancia ata a Costa do Sol. Realizáronse oito rexistros de forma simultánea na provincia de Málaga, onde se fixeron efectivo as outras catro detencións, nos que se interviñeron, ademais, 58.000 euros en efectivo.

As investigacións iniciáronse no verán, cando os axentes da Policía Nacional e funcionarios da Axencia Tributaria compartiron informacións sobre esta organización. Trataríase dun grupo que sería moi activo no Porto de Alxeciras, liderada por un histórico narcotraficante que operaba no Campo de Xibraltar e que pretendía agora abrir unha nova ruta no norte.

O traballo realizado permitiu interceptar varios envíos de preto de dúas toneladas de cocaína. A primeira intervención tivo lugar o 4 de marzo en Clombia, con 1,3 toneladas de droga. O pasado 25 de abril, detectáronse 650 quilos de cocaína no Porto de Vigo. En ambos os casos a sustancia atopábase oculta no interior de dous palés de bananas, aproveitando as rutas comerciais habituais que operan na cidade.

ÚLTIMAS

O TSXG anula o calendario laboral de 2023 do persoal de Ilunion en Stellantis, Benteler e Lear

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) anulou o calendario laboral de 2023 do persoal...

Terremoto de magnitude 1,8 en Vilaboa

O Instituto Xeográfico Nacional (IGN) rexistrou un terremoto de magnitude 1,8 con epicentro na localidade pontevedresa de...

O aeroporto de Peinador suspende a súa actividade este luns ara finais de mes

O aeroporto de Peinador, en Vigo, suspenderá a partir do próximo luns, día 6 de maio,...

Sindicato de Inquilinas Vigo urxe vivenda pública e regular prezos ante a “alarmante realidade” dos desafiuzamentos

O Sindicato de Inquilina Vigo-Baixo Miño urxiu este venres a regulación dos prezos de aluguer...