InicioSociedadeAs Cíes, ao completo na ponte do 1 de maio

As Cíes, ao completo na ponte do 1 de maio

Non queda xa ningunha praza dispoñible para esta fin de semana da ponte do Día do Traballador

PUBLICADO O

- Advertisement -

As Illas Cíes volverán encherse na ponte do Día do Traballador do 1 de maio, xa que o sábado 29 de abril, o domingo 30 e o luns 1 de maio (festivo nacional) a cota de 450 prazas diarias dispoñibles para visitar o arquipélago (por non ser tempada alta) xa está completo.

Así o indicou a navieira Mar de Ons, que lembrou que as illas, pertencentes ao Parque Nacional das Illas Atlánticas, son un dos destinos con maior demanda do noroeste peninsular. “Esta cota de 450 prazas queda curto para atender a demanda. Os barcos sairán a media capacidade, xa que o Plan reitor de uso e xestión non contempla esta ponte, tan importante turísticamente, atrasando ao 15 de maio o comezo da tempada alta”, lamentou a responsable comercial de Mar de Ons, Silvia Torres.

ÚLTIMAS

“Unha viaxe a Brobdingnag”, a particular cartografía da cultura viguesa en máis de 200 retratos

A Asociación Cultural Évame Oroza inaugura o vindeiro venres, 2 de outubro, ás 20.00...

Tradutores alerta da precarización do traballo pola IA e piden non substituír humanos por máquinas

A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación (AGPTI) convocou este mércores...

O BNG esixe á Xunta que rectifique o plan de transporte de Vigo e acusa o PP de “reincidir nun modelo sen futuro”

O BNG de Vigo esixiulle á Xunta que “rectifique” o plan de transporte para...

Armadores de Vigo ven “absolutamente insuficientes” as axudas para o sector pola crise de Oriente Medio

A Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI) considera "absolutamente insuficientes"...