InicioO PSOE da Cañiza non ve "adecuado" que o PP teña de...

O PSOE da Cañiza non ve “adecuado” que o PP teña de candidato a Miguel Domínguez

Sinalan que durante os seus anteriores oito anos como alcalde (entre 2011 e 2019) fixo unha "terrible xestión política" que se traduciu nun "desgoberno".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O PSOE da Cañiza afirmou este luns que Miguel Domínguez, candidato do PP á Alcaldía desta localidade, “non é a persoa adecuada” para aspirar a ser rexedor, xa que os seus 8 anos como alcalde (entre 2011 e 2019) levou a cabo unha “terrible xestión política” que se traduciu nun “desgoberno”.

Nun comunicado, o PSOE da Cañiza sinalou que o actual alcalde, o socialista Luís Piña, recibiu unha “herdanza económica nefasta” do seu antecesor do PP, que se concretou en 4,3 millóns de euros en factuas sen pagar, ademais de reclamacións xudiciais de provedores e traballadores que acosaron “ao actual goberno local2.

Respecto diso, os socialistas apuntaron que os tribunais acreditaron “esa mala xestión, con sentenzas que anularon contratos, ou a resolución que avala a decisión do actual alcalde de non pagar a reclamación dunha construtora por 12 facturas impagadas”. En dita sentenza, sinalaron desde o PSOE, reflíctese unha reclamación de máis de 312.000 euros en factuas “que non tiñan documentación nin expediente”. Así, realizáronse por obras “sen partida orzamentaria, nin formalización de contrato, nin proxecto nin certificación de fin de obra”.

“Ante estas irregularidades, a actual Alcaldía non podía pagar ningunha destas facturas, ademais de por a ruinosa situación económica herdada de Domínguez, por non contar cos necesarios procedementos legais de contratación”, indicaron fontes socialistas da Cañiza. A sentenza, indicou o PSOE, “xa é firme e definitiva” e é “un claro exemplo” do que viñeron denunciando os socialistas sobre esa herdanza do anterior alcalde, do PP, e as facturas que deixou sen pagar.

Este comunicado fíxose público días despois de saberse que un xulgado de Ponteareas admitiu a trámite unha denuncia do PP por suposta prevaricación contra o alcalde, Luís Piña, en relación coa suposta negativa de facilitar aos ‘populares’ o acceso aos expedientes municipais. O rexedor negou eses feitos, e lamentou que Miguel Domínguez presentase unha querela “para montar un circo” nas semanas previas ás eleccións municipais.

ÚLTIMAS

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...