InicioSociedadeO PP de Vigo completa a súa lista electoral con médicos, empresarios...

O PP de Vigo completa a súa lista electoral con médicos, empresarios e un exjugador do Celta, entre outros

Puxeron en valor que a candidatura está integrada por "perfís moi diversos da sociedade civil"

PUBLICADO O

- Advertisement -

O PP de Vigo deu a coñecer este mércores os nomes que faltaban para completar a lista electoral que encabeza Marta Fernández-Tapias, como candidata á Alcaldía da cidade, e entre eles inclúense empresarios, médicos ou o exfutbolista do Celta, José Manuel Alvelo.

Este xoves, o Comité Electoral Autonómico do PP aprobou a composición da lista que, segundo subliñan a candidata, é un “reflexo do compromiso da formación con proxecto serio, confiable, ilusionante e de futuro”.

Fontes do PP vigués puxeron en valor que a candidatura está integrada por “perfís moi diversos da sociedade civil” e combina “renovación, profesionalidade e experiencia” para “devolver á cidade o seu protagonismo”.

Nos últimos días déronse a coñecer os 11 primeiros membros desa lista, e a persoa que a pechará. Trátase da propia Fernández-Tapias, Irene Garrido (no posto 2), Luisa Sánchez (3), Fernando Abeijón (4), Miguel Martín (5), Patricia García (6), Daniel Benavides (7), Alberto Bicada (8), Anxos Rouco (9), José María Regojo (10) e Borja Fontán (11), ou o exalcalde Manuel Pérez (27), que pechará a lista.

A estes nomes súmanse agora os da farmacéutica María do Rosario Branco (12); o neurocirurxián Adolfo Ramón da Lama (13); a presidenta da Asociación de Pensionados de Venezuela en Galicia, María Fernanda Ruíz (14); o médico de familia Alfredo José Silva (15); o empresario Gerardo Pardo de Beira (16); o xerente da Axega, Marcos Araújo (17); o xestor hipotecario Miguel Garcés (18); a representante do movemento veciñal de Valladares, Eugenia García (19); a empresaria Marcelina Río (20); o hostaleiro Alejandro Outerelo (21); a exsubdelegada do Goberno en Pontevedra, Ana María Ortiz (22); a presidenta da Asociación de Viúvas Meu Lareira, Marua Lydia Carmen Méndez (23); o empresario Marcos José Sánchez (24); o exfutbolista do Celta, José Manuel Alvelo (25); e a inspectora médica María Teresa Cendón (26).

ÚLTIMAS

Caballero acusa á Xunta de “12 anos de atraso” na ETEA e critica agora as “présas” por asinar o convenio

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, censurou este luns as "présas" da Xunta para...

Detido un mozo de 18 anos tras tentar apuñalar a outro nunha pelexa á saída dun local da rúa Pontevedra

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron esta fin de semana a un mozo...

O PP reclama a Marlaska acción urxente ante a inseguridade en Cabral

O PP trasladou este luns ao Congreso a súa demanda dunha intervención urxente do...

Nin a choiva nin os fallos técnicos puideron vencer a un Caballero que volveu acender o Nadal “no mundo enteiro”

A choiva caía con forza sobre Vigo, unha desas treboadas que semellan querer adiar...