InicioDesviado o tráfico na A-55 en Tui por obras de conservación en...

Desviado o tráfico na A-55 en Tui por obras de conservación en sentido Portugal por un só carril ata xuño

Os temporais da choiva do pasado inverno produciron un desprendemento nos noiros da calzada, que ocupou parte do carril dereito.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As obras de saneo e estabilización de noiros na autovía A-55 á altura de termo municipal de Tui obrigarán a desviar o tráfico en sentido Portugal por un único carril, segundo informaron fontes do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma).

Os traballos desenvolveranse no quilómetro 28 da autovía e producirán afectacións ao tráfico desde este martes ás 8,00 horas ata o 30 de xuño de 2023.

Segundo explicou o Mitma, para levar a cabo estes traballos de conservación será necesario o corte total da calzada dereita en sentido Tui/Portugal, e desviarase o tráfico a través da calzada sentido Vigo, establecéndose un carril por sentido en configuración bidireccional entre os quilómetros 27 e 28 da A-55.

Os temporais da choiva do pasado inverno produciron un desprendemento nos noiros da calzada, que ocupou parte do carril dereito. Tras a retirada do material e a limpeza, así como o resto de actuacións preparatorias, este martes comezará a seguinte fase dos traballos.

ÚLTIMAS

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...

Roubo “sacrílego” de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de Nigrán

A Diocese de Tui-Vigo lamentou o roubo rexistrado o pasado mércores na igrexa de...